Chía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chía
Salvia hispanica jd alp 0.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Lamiales
Familia: Lamiaceae
Subfamilia: Nepetoideae
Tribo: Mentheae
Xénero: 'Salvia'
Especie: ''S. hispanica''
Nome binomial
''Salvia hispanica''
L.
Chía (Salvia hispanica).
Flor.

A chía (Salvia hispanica) é unha planta herbácea da familia das lamiáceas (coma o liño e a sarxa), nativa de Guatemala e das rexións central e austral mexicanas[1][2] (e Colombia[3]), coñecida polos seus grans nutritivos: as sementes de chia. Hai evidencia de que os aztecas cultivavab o vexetal en tempos precolombinos presente no Códice Mendoza, datado do século XVI, documento no cal tamén se mencionaba a súa relevancia agrícola na época.[4]

Máis coñecida pola súa semente, que se comercializa directamente, moída ou en forma de aceite, a chía tamén ten follas que poden ser aproveitadas para infusións.[5] É rica en minerais, aminoácidos esenciais e omega 3.[3][5][6] Saliéntase frecuentemente o seu potencial para previr doenzas cardiovasculares, diabetes e até tumores, alén de axudar na perda de peso.[2][7][8][9][10]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A palabra chía deriva da palabra do náhuatl chian, que significa "oleoso, aceitoso".[1] Disque o estado mexicano de Chiapas podería ter a orixe do seu nome tamén a partir da lingua náuatle, que significa "auga de chía" ou "río de chía".

É unha das dúas plantas coñecidas como chía, sendo a outra Salvia columbariae, esta tamén denominada chía dourada.

Semente de chía[editar | editar a fonte]

A semente da chía posúe formato oval e "diámetro" de aproximadamente 2 mm.[11] É visibelmente a principal parte da planta nos ámbitos comercial e gastronómico.

Características nutricionais[editar | editar a fonte]

A semente da chía é, ás veces, considerada un alimento funcional dadas as súas características compositivas. O seu efecto mucilaxinoso (o de absorber e reter unha cantidade significativa de auga, como un emulsificante), debido á alta concentración de fibras, fai da chía interesante para quen busca enmagrecer, posto que pode intensificar a sensación de saciedade.[9]

A importancia nutricional da semente de chía óllase na seguinte lista:

Aplicación culinaria[editar | editar a fonte]

A semente de chía, cando se utiliza de maneira integral, pode ter diversos usos culinarios. Úsase coma emulsificante, tornando os líquidos máis próximos dun xel; tamén liga as masas.

Receitas que poden incluír a semente de chía son os pudins, pans, tortas, quiches, mousses, cremas, patés, rissottos, ensaladas de froitas, zumes etc.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 «Salvia hispanica L.». GRIN Taxonomy for Plants (en inglés). Departamento de Agricultura dos Estados Unidos. Consultado o 21 de marzo de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Mundo Verde (9 de novembro de 2011). «Chia: uma verdadeira aliada da saúde». Blog Mundo Verde. Consultado o 21 de marzo de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 «Nutricionista fala sobre nutrientes e benefícios da semente de chia». G1 MG, g1.globo.com. 15 de outubro de 2011. Consultado o 21 de marzo de 2012. 
  4. CAHILL, Joseph P. (2003) Ethnobotany of Chia, Salvia hispanica L. (Lamiaceae) Economic Botany. Volume 57. Edición 4. 604-618 DOI:10.1663/0013-0001(2003)057[0604:EOCSHL]2.0.CO;2
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Isabell Shipard (6 de abril de 2009). «Chia: Crop Potential and Uses» (en inglés). The Permaculture Research Institute of Australia. Consultado o 21 de marzo de 2012. 
  6. Thaís Manarini (2011). «Chia, o grão pró-saúde». Revista Saúde (343). Consultado o 21 de marzo de 2012. 
  7. Giselli Souza; Merie Gervásio (22 de febreiro de 2012). «R7 testa a chia, a semente que elimina gordura». entretenimento.r7.com. Consultado o 21 de marzo de 2012. 
  8. Chris Bertelli (16 de setembro de 2011). «Chia é a nova promessa para emagrecer». iG Saúde. Consultado o 21 de marzo de 2012. 
  9. 9,0 9,1 9,2 Fernanda Reis (15 de febreiro de 2012). «Semente de chia é a nova aposta para perder peso». Folha.com. Consultado o 21 de marzo de 2012. 
  10. Leopoldo Rosalino (2 de novembro de 2011). «Chia é a semente que elimina gordura». MdeMulher. Consultado o 21 de marzo de 2012. 
  11. «Sementes de Chia (Salvia hispânica)». alquimiaalimentar.com. 9 de xuño de 2010. Consultado o 21 de marzo de 2012. 
  12. João Carlos Labruna (11 de julho de 2007). «Magnésio, nutriente essencial ao organismo». Copacabana Runners. Consultado o 23 de marzo de 2012. 
  13. Mark Frediani (24 de agosto de 2011). «Os benefícios do brócolis e sugestões de pratos». Portal Beleza Revelada. Consultado o 23 de marzo de 2012. 
  14. 14,0 14,1 «Nutrition facts - Seeds, chia seeds, dried». USDA SR-21 (en inglés). Condé Nast Publications. Consultado o 23 de marzo de 2012. 
  15. REYES-CAUDILLO, E; TECANTE, M.A. VALDIVIA-LÓPEZ. (31 de agosto de 2007). «Dietary fibre content and antioxidant activity of phenolic compounds present in Mexican chia (Salvia hispanica L.) seeds». Science Direct (en inglés). Consultado o 21 de marzo de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]