Cesc Fàbregas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cesc Fàbregas
Fàbregas xogando co Chelsea en 2015.
Información persoal
Nome Francesc Fàbregas i Soler
Nacemento 4 de maio de 1987 (36 anos)
Lugar de nacemento Arenys de Mar
Altura 1,79 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Como
Número 4
Carreira xuvenil
1995–1997 Mataró
1997–2003 Barcelona
2003–2004 Arsenal
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2003–2011 Arsenal 212 (35)
2011–2014 Barcelona 96 (28)
2014–2019 Chelsea 138 (15)
2019–2022 Monaco 54 (3)
2022 Monaco B 1 (0)
2022– Como 0 (0)
Selección nacional
2002–2003 España sub-16 8 (1)
2003–2004 España sub-17 14 (7)
2005 España sub-20 5 (0)
2004–2005 España sub-21 12 (8)
2006– España 110 (15)
2004– Cataluña 3 (0)
Na rede
http://www.cescfabregas.com
Facebook: cescfabregas Twitter: cesc4official Instagram: cescf4bregas TikTok: cescfabregas4 FIFA: 200179 UEFA: 70072 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 1 de agosto de 2022.
Selección: actualizado a 27 de agosto de 2017.editar datos en Wikidata ]

Francesc "Cesc" Fàbregas i Soler, nado en Arenys de Mar (Barcelona) o 4 de maio de 1987, é un futbolista catalán. Xoga de centrocampista no Como, da Serie B de Italia.

Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e as Eurocopas de 2008 e 2012, un triplete inédito na historia do fútbol.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa carreira nas categorías inferiores do FC Barcelona, fichando polo Arsenal en 2003, cando o mediocampista catalán só tiña dezaseis anos. As lesións de varios centrocampistas na tempada 2004-05 abríronlle as portas da titularidade, que Cesc non abandonaría. As espectaculares actuacións que realizou co Arsenal fixeron que estea considerado como un dos centrocampistas máis completos do mundo.

No plano internacional, a carreira de Cesc dentro da selección española comezou aos dezasete anos no mundial sub-17 de 2003, disputado en Finlandia. En 2006 o seleccionador Luis Aragonés convocouno por primeira vez para a selección absoluta, coa que disputou o mundial de 2006 e a eurocopa de 2008, onde o combinado estatal acadou a vitoria.

O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Suráfrica.

O 14 de agosto de 2011 confirmouse a súa fichaxe polo FC Barcelona, despois de varios anos de espera.

Clubs[editar | editar a fonte]

Actualizado o 28 de abril de 2010

Club País Ano Partidos Goles
FC Barcelona Atlètic España -2003 - -
Arsenal FC Inglaterra 2003-2011 185 35
FC Barcelona España 2011-2014 96 28
Chelsea FC Inglaterra 2014- 0 0

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Club Tempada Liga Copa Europa Total
Part. Goles Asist. Part. Goles Asist. Part. Goles Asist. Part. Goles Asist.
Arsenal FC 2003–04 0 0 0 3 1 0 0 0 0 3 1 0
2004–05 33 2 4 8 0 0 5 1 0 46 3 4
2005–06 35 3 5 2 1 0 13 1 0 50 5 5
2006–07 38 2 13 6 0 2 10 2 1 54 4 16
2007–08 31 7 19 3 0 1 10 6 2 45 13 23
2008–09 22 3 10 1 0 0 10 0 5 33 3 15
2009–10 26 15 13 1 0 1 8 4 3 36 19 17
2010–11 25 3 11 6 3 1 5 3 2 36 9 14
FC Barcelona 2011–12 28 9 10 9 3 6 11 3 4 48 15 20
2012–13 29 10 11 8 2 1 8 1 0 45 13 12
Total 269 54 98 47 10 13 80 21 19 396 85 132

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
FA Community Shield Arsenal FC Inglaterra 2004
FA Cup Arsenal FC Inglaterra 2005
Supercopa de España FC Barcelona España 2011
Copa do Rei FC Barcelona España 2012
Liga Española FC Barcelona España 2013

Campionatos internacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Eurocopa Selección española Austria e Suíza 2008
Copa Mundial de Fútbol Selección española Suráfrica 2010
Supercopa de Europa FC Barcelona Mónaco 2011

Distincións individuais[editar | editar a fonte]

Distinción Ano
Mellor xogador da Copa Mundial de Fútbol Sub-17 2003
Máximo goleador da Copa Mundial de Fútbol Sub-17 2003
Trofeo Bravo 2006
Incluído no once ideal do ano da UEFA 2006
Trofeo Golden Boy 2006
Mellor xogador do mes de setembro da FA Premier League 2007
Mellor xogador novo da FA Premier League 2008
Incluído no equipo ideal da Eurocopa 2008 2008

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Marca, ed. (1 de xullo de 2012). "España reescribe a historia". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]