Cesare Baronius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cesare Baronius
Nacemento1538, 31 de outubro de 1538, 30 de agosto de 1538, 9 de novembro de 1538 e 30 de outubro de 1538
Lugar de nacementoSora
Falecemento30 de xuño de 1607
Lugar de falecementoRoma
SoterradoSanta Maria in Vallicella
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónbibliotecario, historiador da igrexa, historiador, escritor, sacerdote católico, diácono e bispo católico
Na rede
Find a Grave: 21699130 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Cesare Baronius, nado en Sora en 1538 e finado en Roma en 1607, foi un cardeal e historiador eclesiástico italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou en Veroli e Nápoles. En Roma ingresou na Congregación do Oratorio en 1557, encargado por San Filipe Neri de responder aos ataques protestantes escribiu en 12 volumes os Annales ecclesiastici (1588-1607), escribe a historia en estrita orde cronolóxica, e foi nesta obra onde se fala por vez primeira dos anos escuros para describir o estado da civilización europea entre o 500 e o 1100. En 1593 sucedeu a San Felipe Neri como xeneral do Oratorio. Foi confesor do papa Clemente VIII, quen en 1596 o fixo cardeal e bibliotecario do Vaticano.