Cesáreo López Pinal
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | maio de 1867 O Carballiño, España |
| Morte | 2 de decembro de 1936 O Carballiño, España |
| 1906 – 1906 | |
| Actividade | |
| Ocupación | farmacéutico, poeta, político |
| Familia | |
| Irmáns | Tomás López Pinal |
Cesáreo López Pinal, nado no Carballiño en maio de 1867 e finado no mesmo concello o 2 de decembro de 1936,[1] foi un farmacéutico, poeta e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Camilo López Valeiras e Peregrina Pinal Portabales. Estudou no Colexio dos Milagres (Baños de Molgas) e fixo o Bacharelato no Instituto de Segundo Ensino de Ourense en 1884. Colaborou en O Tio Marcos d'a Portela (onde sostivo unha polémica moi sonada con Eladio Rodríguez en 1886), O Novo Galiciano e A Monteira. O seu poema "A fuliada" foi premiado nos Xogos Florais de Betanzos de 1901. Tivo unha farmacia na praza maior do Carballiño. Foi alcalde do Carballiño en 1906.
| Predecesor: - |
Alcalde do Carballiño 1906 |
Sucesor: - |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 3-12-1936, p. 7.