Saltar ao contido

Cesáreo García Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCesáreo García Álvarez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1870 Editar o valor en Wikidata
Padrenda Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico, xornalista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade - 1923 Editar o valor en Wikidata
Membro de

Descrito pola fonteEnsayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:García Álvarez (Cesáreo), p.154) Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 129512 Galiciana: 240634 BNE: XX1279085 BUSC: rego-arce-isaac

Cesáreo García Álvarez, nado en Padrenda en 1870, foi un sacerdote e xornalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou no Seminario de Ourense e colaborou en La Voz Católica. Colaborou en La Integridad, El Noroeste, La Nueva Época de Ourense e El Castellano de Burgos, do que foi director (1901), empregando en ocasións o pseudónimo de Isaac Rego Arce. Foi cura ecónomo de Matamá e Couso e colaborou en Noticiero de Vigo, onde se amosou contrario ao socialismo. Foi promotor do movemento social-católico en Galicia. Amigo de Basilio Álvarez, na fase máis radical de Acción Gallega dedicouse a combatela. Dirixiu La Era (1911), La Voz del Condado (1913), dende o que promoveu a organización social e cooperativista identificada coa Igrexa católica. Posteriormente dirixiu La Integridad (1914-1923) e foi nomeado Catedrático de Teoloxía Fundamental e Historia Eclesiástica do seminario de Tui en 1915. En 1921 foi nomeado párroco de Carballeda. Foi un dos promotores do Sindicato Católico Vitivinícola Comarcal do Ribeiro.[1] Amigo de Darío Álvarez Limeses, foi testemuña de descargo no seu proceso en 1936.[2]

Con José Gómez López en Carballeda, 1924.
  • La juventud y las congregaciones marianas, 1900.
  • Los Juegos Florales, 1902.
  • Marianismo, 1915.
  • La prensa periódica, instrumento apologético, 1916.
  1. "No Ribeiro dos anos 30 (II)" por Marcos Valcárcel, La Voz de Galicia, O Ribeiro-O Carballiño, 30-4-1991, p. 33.
  2. "Os primeiros fuxidos" por Darío Álvarez Blázquez, La Voz de Galicia, 1-5-1977, p. 60.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]