Cervo, Italia
Coordenadas: 43°55′31.04″N 8°06′51.63″L / 43.9252889, -8.1143417
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cervo (homónimos).

Cervo (en lígur: O Çervo),[1] é unha vila e comuna (comune) de Italia, localizada na provincia de Imperia, na rexión da Liguria.
Xeografía[editar | editar a fonte]
O territorio de Cervo está situado no treito final do torrente Cervo, ao longo do val de Steria, e circunscrito, ao norte e ao leste, polo val do torrente Merula, na provincia de Savona, e pola conca do Evigno pola ladeira oposta. Xunto con outros sete municipios, está incluída na zona do Golfo Dianese.
A unha altitude media de 66 msnm, ocupa unha superficie de 3,59 km².
No ano 2019 tiña unha poboación de 1149 habitantes,[2] cunha densidade de poboación de 320,06 hab./km².
Concellos irmandados[editar | editar a fonte]
O concello de Cervo está irmandado con:
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ O topónimo dialectal é mencionado no libro-dicionario do profesor Gaetano Frisoni Nomi propri di città, borghi e villaggi della Liguria del Dizionario Genovese-Italiano e Italiano-Genovese. Xénova: Nuova Editrice Genovese, 1910-2002.
- ↑ Cervo Arquivado 05 de agosto de 2020 en Wayback Machine. Datos do ISTAT.