Cernella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O círculo amarelo sinala a posición da cernella nun cabalo.

A cernella[1] (do latín cernicula), é a rexión prominente nos grandes cuadrúpedes onde se unen as espádoas en forma de cruz.

Nos equinos de exposición, considérase unha importante característica ter a cernella alta e pouco carnosa.

A altura dalgúns animais cuadrúpedes é medida a partir deste punto, ou sexa, medindo a distancia da base da pata até a extremidade da cernella. Non se considera a altura da cabeza do animal.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cernella.