Cercocebus atys

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cercocebus atys
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Suborde: Haplorrhini
Infraorde: Simiiformes
Familia: Cercopithecidae
Xénero: Cercocebus
Especie: C. atys
Nome binomial
Cercocebus atys
(Audebert, 1797)
Distribución da especie.
Distribución da especie.

Distribución da especie.

O Cercocebus atys é unha especie de primate catarrino da familia Cercopithecidae que habita as rexións ecuatoriais entre o Senegal e Ghana. A capa é gris escura ou negra, de aspecto sucio. Rolda os 8 kg de peso, con formas esveltas e con longas patas.

É unha especie arborícola, de hábitos diúrnos, móvese polas selvas primarias ou secundarias, os bosques de galería ou os mangleiros, en tropas numerosas, de até 100 individuos. É un omnívoro que prefire os froitos e sementes, pero aproveita outras clases de alimentos, como follas ou pequenos animais. É cazado con frecuencia para consumo humano nas rexións que habita, o que provocou a súa escaseza en moitas áreas, aínda que segue sendo abundante, sobre todo en Serra Leoa, Liberia e o oeste de Costa do Marfil.

Subespecies[editar | editar a fonte]

Recoñécense dúas subespecies, tratadas a miúdo como subespecies de Cercocebus torquatus.

  • Cercocebus atys atys
  • Cercocebus atys lunulatus

Notas[editar | editar a fonte]