Saltar ao contido

Cerceta fermosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cerceta fermosa
 Nome taxon
    Sibirionetta formosa
 Nome curto
    S. formosa (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
 Sinónimo taxonómico
Características
 Representa
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeAnseriformes
FamiliaAnatidae
XéneroSibirionetta
EspecieSibirionetta formosa Editar o valor en Wikidata
(Georgi, 1775) Sibirionetta formosa Editar o valor en Wikidata
Localización
 Mapas
Distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/02n9ns Editar o valor en Wikidata
OTT1086566 Editar o valor en Wikidata
UICN22680317 Editar o valor en Wikidata
EOL52231962 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A cerceta fermosa[1], coñecida tamén como cerceta do Baikal, (Anas formosa ou Nettion formosum) é unha pequena anátida migratoria asiática. As probas moleculares realizadas á especie (Johnson & Sorenson, 1999) e os estudos de conduta (Johnson et al., 2000) suxiren que a cerceta do Baikal non ten parentes próximos entre os parrulos viventes, polo que debería ser clasificada dentro dun xénero zoolóxico distinto de Anas.

Descrición

[editar | editar a fonte]

As cercetas fermosas son algo meirandes e de cola máis longa cá cerceta común. Miden entre 39 e 43 cm e longo, de 30 a 40 cm de alto e pesan uns 500 gramos. O macho na época de reprodución ten a cabeza cun deseño verde, amarelo e negro é unha liña vertical no lado do peito que o fan inconfundible. En plumaxe de eclipse imitan moito ás femias, pero teñen a plumaxe máis avermellada. As femias teñen tamén un debuxo característico na cabeza, cunha mancha redonda pequena pero prominente de cor branca nas meixelas e unha faixa escura detrás dos ollos. As observacións de femias con marcas en xeito de "bridas" na cara poderían corresponder en realidade a machos novos [2], que teñen unha plumaxe semellante á das femias e que se distinguen dos da cerceta común pola mancha abrancazada na cara.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Crían nas zonas forestais siberianas dende a cunca do Ienisei ata a península de Kamchatka. Os principais puntos de invernada están no Xapón, Corea e norte e leste da China. Durante a época da muda das plumas, en xullo, algúns machos emigran as costas árticas, e outros complétana nos lugares de cría.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Aliméntanse de plantas e pequenos animais que filtran na auga.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

Nos seus lugares de cría siberianos fan os niños en pantanos, prados asolagados e deltas de ríos. Despois do aparellamento, que ten lugar a mediados de maio, constrúen rapidamente os niños entre a vexetación das ribeiras, cavando un furado no chan que cobren con penuxe. Poñen, entre maio e xuño, de 6 a 10 ovos, que tardan uns 26 días en eclosionar. Os polos pesan ó naceren uns 30 g.

Ameazas e situación da especie

[editar | editar a fonte]

A destrución dos seus lugares de repouso invernal e a caza fixeron dela unha especie ameazada de extinción, e foi clasificada como "vulnerable" pola IUCN. Algúns libros recentes afirman, porén, que a especie está a vivir unha certa recuperación.[3]. Calcúlase que hai uns 300.000 exemplares en todo o mundo.

Estas aves son criadas en Europa dende 1840, cando chegaron os primeiros exemplares importados.

  1. ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
  2. ↑ Dunn, John L. and Alderfer, Jonathan, "National Geographic Field Guide to the Birds of North America, Fifth Edition" ISBN 0-7922-5314-0
  3. ↑ Dunn, John L. and Alderfer, Jonathan, "National Geographic Complete Birds of North America", ISBN 0-7922-5314-0

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • A cerceta fermosa na "Lista vermella de especies ameazadas", da Inclúe un mapa de distribución e os datos que xustifican a súa clasificación como Vulnerable (inglés)
  • Johnson, Kevin P. & Sorenson, Michael D. (1999): Phylogeny and biogeography of dabbling ducks (genus Anas): a comparison of molecular and morphological evidence. Auk 116(3): 792–805. (inglés) PDF fulltext Arquivado 11 de marzo de 2007 en Wayback Machine.
  • Johnson, Kevin P. McKinney, Frank; Wilson, Robert & Sorenson, Michael D. (2000): The evolution of postcopulatory displays in dabbling ducks (Anatini): a phylogenetic perspective. Animal Behaviour 59(5): 953–963 PDF fulltext

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]