Saltar ao contido

Cerceta de ás azuis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cerceta de ás azuis
Spatula discors
Carl von Linné 1766 Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Nome curto
S. discors Editar o valor en Wikidata
 Combinación orixinal
 Sinonimia
Querquedula discors
Anas discors
Conservación
 Identificador UICN
Distribución
 Área de distribución
Clasificación taxonómica
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeAnseriformes
FamiliaAnatidae
SubfamiliaAnatinae
XéneroSpatula (disputado)
EspecieS. discors
Identificadores
Freebase/m/01l8m9 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A cerceta de ás azuis ou cerceta de alas azuis[1] (Spatula discors) é un parrulo de pequeno tamaño e maioritariamente migratorio que vive en América.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Miden de 35 a 41 cm de longo e pesan de 325 a 500 gramos. Os machos son algo máis pesados cás femias e o peso esta suxeito a variacións estacionais, aumentando cando se preparan para a emigración. O bico mide de 4 a 4,2 cm. Os machos adultos en plumaxe de gala teñen a cabeza azul agrisada, cun debuxo facial branco en forma de media lúa. O corpo é castaño claro cunha mancha branca na parte posterior e a cola negra. As femias adultas, manchadas de pardo, son moi semellantes ás da cerceta. Ámbolos dous sexos teñen unha mancha azul (o espello) nas ás, da que reciben o seu nome vulgar.

Distribución xeográfica e hábitat

[editar | editar a fonte]

As cercetas de ás azuis reprodúcense en Norteamérica dende Alasca ata Nova Escocia polo leste, e Texas polo sur. As súas áreas de invernada comprenden o sur dos Estados Unidos, México, América Central, o norte de Suramérica e as illas do Caribe, por ben que exemplares illados acadan o Uruguai e a Arxentina. As poboacións reprodutoras do estado estadounidense de Texas son sedentarias. Durante a migración poden voar distancias longas sobre mar aberto.

En Europa aparecen esporadicamente, e as súas patas amarelas permiten diferenciala doutros patos similares como a cerceta, á que é xeneticamente case idéntica segundo análises recentes de ADN.

Cercetas de ás azuis.
Anas discors

Complementa unha vexetación esencialmente vexetariana con insectos, crustáceos e outros ivertebrados acuáticos. Pacen principalmente na auga pero tamén comen sementes nos campos de cultivo.

Fan os niños, que non son máis que unha depresión do chan rodeada de herbas e moitas veces agochada entre a vexetación, entre abril e maio. Coma noutros patos, as parellas fórmanse xa no inverno. Na época de cría os machos son territoriais. A femia pon de 6 a 14 ovos da cor da crema, que choca entre 19 e 29 días. Os polos poden empezar a voar ós 40 días de vida. Maduran sexualmente na seguinte temporada de cría.

  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]