Cerceta colorada
| Cerceta colorada | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
|
Subdivisións
4 vivas e unha posiblemente extinta; ver texto
| |||||||||||||||||||
|
Sinonimia
Anas cyanoptera Vieillot, 1816 | |||||||||||||||||||
|
Conservación
| |||||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||
A cerceta colorada[1] (Spatula cyanoptera) é unha especie de pato que vive no oeste de América do Norte e en América do Sur. É unha pequena cerceta con plumaxe avermellada intensa no macho e marrón máis apagada na femia. Vive en marismas e lagoas, e aliméntase principalmente de plantas.
Descrición
[editar | editar a fonte]O macho adulto ten un corpo e cabeza de cor vermella canela cun dorso marrón, ollos vermellos e bico escuro. A femia adulta ten un corpo marrón pinto, cabeza marrón clara, ollos marróns e bico gris e ten un aspecto moi similar á femia da cerceta de ás azuis; porén, a súa cor é máis intensa, os loros, liña ocular e anel ocular son menos distintivos. O seu bico é máis longo e máis espatulado. Os machos xoves lembran unha femia da súa propia especie ou de cerceta de ás azuis, mais os ollos son vermellos.[2][3] Miden 41 cm de longo, teñen unha envergadura de 56 cm e un peso de 400 g.[3] Realizan dúas mudas adultas por ano e unha terceira muda no seu primeiro ano.[3]
- Femia de Spatula cyanoptera septentrionalium
- Macho (esquerda) e femia
- Macho
Distribución
[editar | editar a fonte]O seu hábitat de reprodución son marismas e lagoas do oeste dos Estados Unidos e extremo suroeste do Canadá, e son visitantes raros da costa leste dos Estados Unidos.[3] Observouse un macho xove en Grimsby, Ontario, e converteuse nunha atracción turística debido á súa rareza lonxe do oeste do Canadá.[4] Xeralmente selecciona unha nova parella cada ano. Son migratorias e a maioría pasan o inverno no norte de América do Sur e no Caribe,[5] e xeralmente non migran tan lonxe como o fai a cerceta de ás azuis. Algúns invernan en California e suroeste de Arizona.[2] Dúas subespecies de cerceta colorada viven como residentes nos Andes en América do Sur. A subespecie de menor tamaño das dúas, S. c. cyanoptera, está moi espallada en alturas baixas (<1000m) como as costas do Perú e sur da Arxentina, mentres que a subespecie meirande, S. c. orinomus, ocupa alturas de 3500–4600 m nos Andes centrais.[6]
Comportamento
[editar | editar a fonte]É unha ave acuática, pero pode tamén correr e camiñar en terra para capturar certas presas como pequenos escaravellos e outros insectos. Conseguen a maioría da súa comida en ou preto da superficie da auga abrindo e pechando rapidamente o bico para colleren sementes, zooplancto e insectos. Pode tamén alimentarse como culleretes boreais indo uns detrás dos outros en grupos mentres se alimentan devagar nunha área. Moitos deles comen plantas, sementes e brotes de herbas de marisma. Unha pequena porción da súa dieta son caracois, escaravellos, libélulas, pulgas de auga e moitos tipos de moscas. Comen principalmente plantas; a súa dieta tamén inclúe moluscos e insectos acuáticos.[7] Cando non están buscando alimento na auga ou en terra, dormen. As femias dormen xuntas en grupo, mentres que os machos permanecen espertos e alerta para protexeren as femias. Aínda que os patos adoitan facer un son alto tipo cuac, a cerceta colorada é máis silenciosa. As femias fan un cuac alto cando é necesario e os machos fan unha canción nasal asubiante.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Sábese que hibridan coa cerceta de ás azuis,[2] das cales son parentes moi próximos.
As subespecies que se recoñecen son:
- Spatula cyanoptera septentrionalium (Oberholser, 1906), que se reproduce desde a Columbia Británica ao noroeste de Novo México, e pasa o inverno no noroeste de América do Sur.[8]
- Spatula cyanoptera tropica (Snyder & Lumsden, 1951), que vive nos vales do Cauca e do Magdalena en Colombia.[8]
- Spatula cyanoptera borreroi (Snyder & Lumsden, 1951) (posiblemente extinta), que vive ou vivía no leste dos Andes colombianos, con rexistros de aves aparentemente residentes no norte do Ecuador.[8] Denomínase así polo ornitólogo colombiano José Ignacio Borrero.
- Spatula cyanoptera orinoma (Snyder & Lumsden, 1951), que aparece no altiplano andino do Perú, norte de Chile e Bolivia.[8]
- Spatula cyanoptera cyanoptera (Vieillot, 1816), aparece no sur do Perú, sur do Brasil, a Arxentina, Chile e as illas Malvinas (Falkland).[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- 1 2 3 Dunn, J (2006)
- 1 2 3 4 Floyd T (2008)
- ↑ Chandler, Justin. "Wayward duck in Niagara draws mad rush of birders looking to photograph the 'mega-rarity'". CBC News. Consultado o 19 de setembro de 2024.
- ↑ Herrera et al. (2006)
- ↑ Wilson, Robert E.; Peters, Jeffrey L.; McCracken, Kevin G. (2012-08-10). "Genetic and Phenotypic Divergence Between Low- and High-Altitude Populations of Two Recently Diverged Cinnamon Teal Subspecies". Evolution (en inglés) 67 (1): 170–184. ISSN 0014-3820. PMID 23289570. doi:10.1111/j.1558-5646.2012.01740.x.
- ↑ Alexander Campbell Martin; Herbert Spencer Zim; Arnold L. Nelson (1961). American Wildlife & Plants: A Guide to Wildlife Food Habits: The Use of Trees, Shrubs, Weeds, and Herbs by Birds and Mammals of the United States. Courier Corporation. pp. 63–64. ISBN 978-0-486-20793-3.
- 1 2 3 4 5 Clements, J (2007)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Clements, James (2007). The Clements Checklist of the Birds of the World. (en inglés) Ithaca, NY: Cornell University Press
- Dunn, J. & Alderfer, J. (2006) National Geographic Field Guide to the Birds of North America 5ª ed. (en inglés)
- Floyd, T (2008) Smithsonian Field Guide to the Birds of North America (en inglés). Nova York: HarperCollins.
- Herrera, Néstor; Rivera, Roberto; Ibarra Portillo, Ricardo & Rodríguez, Wilfredo (2006). "Nuevos registros para la avifauna de El Salvador" (en castelán). Boletín de la Sociedad Antioqueña de Ornitología 16(2): 1–19.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cerceta colorada |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cerceta colorada |
- Vídeos, fotos, e sons de Cinnamon Teal na Internet Bird Collection
- Cerceta colorada (cinnamon teal)—Birds of North America Online
- Texto sobre a especie cerceta colorada—Cornell Lab of Ornithology
- Galería de fotos de Cinnamon Teal en VIREO (Universidade de Drexel)
- Mapa interactivo da área de distribución de Anas cyanoptera en IUCN Red List maps
