Saltar ao contido

Cerceta americana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cerceta americana
 Nome taxon
    Anas carolinensis
 Nome curto
    A. carolinensis (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Sinonimia
Anas crecca carolinensis
Nettion carolinensis
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeAnseriformes
FamiliaAnatidae
XéneroAnas
EspecieAnas carolinensis Editar o valor en Wikidata
Gmelin, 1789 Anas carolinensis Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01hllt Editar o valor en Wikidata
ITIS714089 Editar o valor en Wikidata
OTT656780 Editar o valor en Wikidata
UICN22729498 Editar o valor en Wikidata
CoLDGN9 Editar o valor en Wikidata
EOL45510573 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A cerceta americana[1] (Anas carolinensis ou Anas crecca carolinensis) é un pato que cría no norte do subcontinente norteamericano, agás as illas Aleutianas. A súa clasificación como especie separada da cerceta é aínda discutida e, por exemplo, a IUCN e BirdLife International (BirdLife International, 2004) non a consideran como diferentes. Outras autoridades si que o fan, baseándose en características de conduta (Laurie-Ahlberg & McKinney, 1979), morfolóxicas (Livezey, 1991), e moleculares (Johnson & Sorenson, 1999) (analizadas por Sangster et al., 2002).

Descrición

[editar | editar a fonte]

Son os patos máis pequenos de Norteamérica, moi semellantes de aspecto á cerceta (Anas crecca). Os machos reprodutores teñen o lombo e os vaos grises, cun espello verde coa beira branca. A cabeza é castaña cunha mancha ocular verde. Diferéncianse dos machos da cerceta eurasiática por unha faixa branca vertical na beira do papo e pola falta dunha faixa escapular e das liñas finas da cor do ante na cabeza. As femias son marróns claras, moi dificilmente diferenciables das da cerceta. Os machos en plumaxe de eclipse son moi semellantes ás femias.

Hábitat e conduta

[editar | editar a fonte]

E unha ave de zonas acuáticas planas con vexetación, coma as pozas da taiga, que se alimenta pacendo ou arrincando plantas na auga. Fan os niños no chan, preto da auga e protexidos pola vexetación.

Son aves migratorias que pasan o inverno na parte meridional da súa área de cría. Fóra da época reprodutora son moi gregarias e forman grandes bandos.

O seu estado de conservación non está evaluado pola IUCN por non considerala unha especie separada, pero a súa abundancia fai que pareza axeitado non considerala unha especie ameazada: nas Marismas Nacionales do oeste de México vese en gran número.

  1. ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]