Saltar ao contido

Cercartetus nanus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cercartetus nanus
 Nome taxon
    Cercartetus nanus
 Nome curto
    C. nanus (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Ciclo diurno
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeDiprotodontia
FamiliaBurramyidae
XéneroCercartetus
EspecieCercartetus nanus Editar o valor en Wikidata
(Desmarest, 1818) Cercartetus nanus Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Tamaño da niñada
   4 Editar o valor en Wikidata
 Duración máxima da vida
   10,3 a Editar o valor en Wikidata
Datas
 Período de aparición
Localización
 Endémico en
 Mapas
Distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0265px0 Editar o valor en Wikidata
ITIS609819 Editar o valor en Wikidata
OTT810555 Editar o valor en Wikidata
UICN40578 Editar o valor en Wikidata
CoLSQZN Editar o valor en Wikidata
EOL323841 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Cercartetus nanus é unha especie de mamífero marsupial australidelfo da orde dos diprotodontes, suborde dos falanxeroideos, familia dos burramíidos,[1][2] unha das catro que integran o xénero Cercartetus.[3][4] que vive lo leste de Australia e na illa de Tasmania.

Características

[editar | editar a fonte]

Os adultos teñen unha lonxitude de cabeza e tronco de entre os 7,5 e os 10 cm. A cola é relativamente longa, xa que pode acadar aínda máis lonxitude que o conxunto de cabeza e tronco, de 7,5 a 10,5 cm. O seu corpo é repoludo. A cor da súa pelaxe é gris leonada nas partes superiores e abrancazada ou gris lousa nas inferiores. As súas mans, de aparencia algo humana, pero coas xemas de cada dedo presentando dous lóbulos ensanchados. O dedo polgar da man é opoñíbel.[5] As orellas son relativamente grandes e os ollos son moi escuros e saltóns.[6]

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

O pósum pigmeo do leste encóntrase principalmente en Tasmania, no sueste de Australia do Sur e do Queensland, e nas pequenas illas circundantes. No continente australiano, habita principalmente nas zonas costeiras do sueste.[7]

Frecuenta hábitats variados, como os selvas húmidas tropicais, os bosques esclerófilos, e landas e queirugais.[7]

É un animal máis ben solitario, aínda que os machos desprázanse adoito máis lonxe que as femias. Utiliza unha gran variedade de refuxios incluíndo arbustos, ocos de árbores, niños de aves abandonados, agochos no monte baixo, e en niños que contrúe con anacos da codia das árbores. Estes niños son xeralmente esféricos e pequenos, de até 6 cm de diámetro. É un áxil eactivo gabeador e saltador. É un animal de hábitos nocturnos. Durante o inverno entra en letargo, despois de almacenar gran cantidade de graxa na cola.[5][7]

Nutrición

[editar | editar a fonte]

É principalmente fitófago. Aliméntase sobre todo de néctar e pole, especialmente de Banksia, Eucalyptus e Callistemon, que apaña coa punta da lingua. Pero tamén consome flores, e insectos e froitos cando non hai flores.[7]

Reprodución

[editar | editar a fonte]

A cría xeralmente se produce en niños en ocos de árbores do bosque. Hai dúas temporadas de cría distintas. No continente australiano a época de celo ocorre desde a primavera ao outono, mentres que en Tasmania este período dura desde finais do inverno até a primavera. As femias paren xeralmente catro, ás veces cinco crías. Estas adoitan permaneceren na bolsa marsupial da nai durante seis semanas como máximo, facéndose independentes cando acada a metade do peso na nai.[7]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1818 polo zoólogo francés Anselme Gaëtan Desmarest, en Nouv. Dict. Hist. Nat., Nouv. ed., 25: 477,[1] baixo o nome de Phalangista nana.[3][8]

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Nesta especie recoñécense as dúas subespecies seguintes:[1][2]

  • Cercartetus nanus nanus (Desmarest, 1818)
  • Cercartetus nanus unicolor (Krefft, 1863)
  1. 1 2 3 Cercartetus nanus en MSW.
  2. 1 2 Cercartetus nanus (Desmarest, 1818) no ITIS.
  3. 1 2 Cercartetus en MSW,
  4. ↑ Cercartetus Gloger, 1841 no ITIS.
  5. 1 2 Walker, E. P. (1975).
  6. ↑ Cercartetus nanus na ADW.
  7. 1 2 3 4 5 Turner, V. (1983): The Australian Museum Complete Book of Australian Mammals. Sydney: Angus & Robertson Publishers.
  8. ↑ Cercartetus Arquivado 18 de outubro de 2019 en Wayback Machine. en Fossilworks.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]