Saltar ao contido

Ceratopsia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ceratopsia
Rango fósil: Xurásico tardío – Cretáceo tardío, 161 Ma-66 Ma
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Filo: Chordata

Clado: Dinosauria
Clado: †Ornithischia
Clado: †Neornithischia
Clado: †Marginocephalia
Clado: †Ceratopsia

Especie tipo
Ceratops montanus'
Marsh, 1888
Subgrupos

Os Ceratopsia son un grupo de dinosauros herbívoros con cornos e pico ou peteiro da orde Ornithischia. Prosperaron no que hoxe é América do Norte e Asia, durante o período Cretáceo, aínda que algunhas formas ancestrais deste grupo viviron antes, no Xurásico.[4] Os primeiros membros, como Psitacosauro, eran pequenos e bípedes, e o Triceratops é o máis coñecido e un dos de maior tamaño.

Un ceratopsiano temperán: Psittacosaurus
Vista lateral do esqueleto de Triceratops horridus, Museo Senckenberg.

Evolución e collum

[editar | editar a fonte]
Protoceratópsido típico: esqueleto de Protoceratops no Wyoming Dinosaur Center.

Membros posteriores, incluíndo Centrosauro e Triceratops, convertéronse en cuadrúpedes de grande tamaño. Desenvolveron elaborados cornos faciais e un collum, un colar ou volante no pescozo que se pensa que servía principalmente para protexer o pescozo vulnerábel de depredadores bípedes como o Tiranosauro, que atacaba desde arriba.

Posibelmente, o collum tamén se utilizou na exhibición, a termorregulación, a fixación de grandes pescozos e os músculos da mastigación ou algunha combinación destes.

Os ceratopsianos variaban en tamaño de 1 metro (3 pés) e 23 quilogramos (50 lb) a máis de 9 metros (30 pés) e 5.400 kg (12.000 lb). Triceratops é, con diferenza, o ceratopsiano máis coñecido polo público en xeral e tamén un dos de maior tamaño.

  1. Fonseca, A. O.; Reid, I. J.; Venner, A.; Duncan, R. J.; Garcia, M. S.; Müller, R. T. (2024). "A comprehensive phylogenetic analysis on early ornithischian evolution". Journal of Systematic Palaeontology 22 (1). 2346577. Bibcode:2024JSPal..2246577F. doi:10.1080/14772019.2024.2346577. 
  2. Lee, Yuong-Nam; Ryan, Michael J.; Kobayashi, Yoshitsugo (2010). "The first ceratopsian dinosaur from South Korea" (PDF). Naturwissenschaften 98 (1): 39–49. Bibcode:2011NW.....98...39L. PMID 21085924. doi:10.1007/s00114-010-0739-y. 
  3. 3,0 3,1 Rich, Thomas H.; Kear, Benjamin P.; Sinclair, Robert; Chinnery, Brenda; Carpenter, Kenneth; McHugh, Mary L.; Vickers-Rich, Patricia (2014). "Serendipaceratops arthurcclarkei Rich & Vickers-Rich, 2003 is an Australian Early Cretaceous ceratopsian". Alcheringa 38 (4): 456–479. doi:10.1080/03115518.2014.894809. 
  4. "Ceratopsídeos". Portal São Francisco (en portugués). 2016-08-15. Consultado o 2025-01-18. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]