Centulle, San Xurxo de Asma, Chantada
| Centulle | |
|---|---|
| Parroquia | San Xurxo de Asma |
| Concello | Chantada |
| Coordenadas | 42°37′03″N 7°46′51″O / 42.617416666667, -7.78075 |
| Poboación | 106 hab. (2011) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Centulle e un lugar na parroquia de San Xurxo de Asma, no concello de Chantada, na comarca de Chantada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2011 tiña 106 habitantes (55 homes e 51 mulleres), trece menos ca en 1999.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo Centulle ten orixe no antropónimo de orixe latina Centullius ou Centullus a partir da forma en xenitivo.[1]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]O castro de Centulle atópase en mal estado de conservación. Pénsase que tiña unha configuración do modelo espiral, con dous corpos posuíndo tramos de tres. No recinto atopáronse restos de vaixela e de muíños de man. Diversas hipóteses defenden que aquí estaba a fortaleza dos Circa, arrasada polos normandos e máis tarde pertencente á casa de Altamira.

No recinto construíuse a mediados do século XX o santuario da Nosa Señora de Fátima. Promovido polo párroco Emilio Eyré Lamas, foi o primeiro santuario dedicado en España a Virxe de Fátima. O templo foi concibido a modo de fortaleza, coroado con cruces gaélicas, dun modo semellante ao dos castelos irlandeses. O santuario recolle unha mestura de elementos arquitectónicos mozárabes, románicos e gaélicos. A talla de Nosa Señora de Fátima foi elaborada por Capa na escola de Belas Artes de Madrid, sendo consagrada na Academia de San Fernando o 12 de xuño de 1945.[2]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Xurxo de Asma
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de San Xurxo de Asma no concello de Chantada (Lugo) | |
|---|---|
|
Casasoa | Centulle | O Chouso | Liñares | O Peto | San Xurxo | O Seixo |
Parroquias de Chantada
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Méndez, Luz; Navaza, Gonzalo (2004). "Xentilicios e nomes persoais na toponimia de Chantada". En R. Álvarez, F. Fernández Rei e A. Santamarina (eds.). A lingua galega: historia e actualidade 3. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega - Instituto da Lingua Galega. p. 527.
- ↑ El Progreso, 14-7-1945, p. 4.