Centros para o Control e Prevención de Enfermidades
Os Centros para o Control e Prevención de Enfermidades estadounidenses (Centers for Disease Control and Prevention, CDC) son unha axencia sanitaria gobernamental federal, dependente do Departamento de Sanidade e Servizos Humanos dos Estados Unidos (HHS), cuxa sede principal está en Atlanta, Xeorxia.[1][2]
O principal obxectivo da axencia é a protección e seguridade da saúde pública por medio do control e prevención de doenzas, lesións e discapacidades nos Estados Unidos e en todo o mundo.[3] O CDC centra a atención nacional no desenvolvemento e aplicación do control e prevención de enfermidades. Enfoca a súa atención especialmente en doenzas infecciosas, patóxenos transmitidos polo aire, saúde ambiental, saúde e seguridade laboral, promoción da saúde, prevención de lesións e actividades educativas deseñadas para mellorar a saúde dos cidadáns dos Estados Unidos. Os CDC tamén realizan investigacións e proporcionan información sobre doenzas non infecciosas, como a obesidade e a diabetes, e é un membro fundador da Asociación Internacional de Institutos Nacionais de Saúde Pública.[4]
Como parte da reorganización anunciada do HHS de 2025, planéase que os CDC se reorienten cara aos programas de doenzas infecciosas. Está previsto que absorban a Administración para a Preparación e Resposta Estatéxica, mentres que o Instituto Nacional de Seguridade e Saúde Laboral está planeado que pase á nova Administración para unha América Sa.[5]
Durante a segunda administración de Donald Trump, os CDC sufriron grandes alteracións, incluíndo ordes para cesar a cooperación coa Organización Mundial da Saúde,[6] retirar ou restrinxir o acceso do público a información sobre saúde,[7][8] e pausar a axencia de comunicacións, incluíndo a suspensión temporal do Informe Semanal de Morbilidade e Mortalidade.[9] A administración tamén impuxo restricións de contido na investigación científica, levou a cabo despidos a grande escala e cortes de programas, e supervisou numerosos cambios de directores da institución. En xuño de 2025, o Secretario de Sanidade Robert F. Kennedy Jr. despediu a todos os 17 membros do Comité Asesor sobre Prácticas de Inmunización (ACIP) e, cunha soa excepción, nomeou membros que son activistas antivacinas ou que non son expertos en vacinas.[10] Os expertos en sanidade pública e organizacións médicas advertiron que estas accións socavan a independencia científica, a capacidade da sanidade pública e a estabilidade institucional.
En febreiro de 2026, o Scientific American escribiu que a confianza nos CDC "caíra en picado baixo" a dirección do secretario do HHS Robert F. Kennedy Jr. Como as bases de datos dos CDC xa non se manteñen con exactitude e con información posta ao día, estanse formando uns "CDC na sombra" constituídos por estados e sociedades médicas para encher o baleiro.[11]
Creación e crecemento
[editar | editar a fonte]O 1 de xullo de 1946 fundouse o Centro de Doenzas Comunicables (CDC), como sucesor do programa da segunda guerra mundial Programa Nacional de Erradicación da Malaria[12][13]

A nova axencia era unha rama do Servizo de Saúde Pública dos EUA e elixiuse Atlanta como sede porque a malaria era endémica no sur dos Estados Unidos.[14][15]
O CDC herdou o experimento Tuskegee sobre a sífilis do seu predecesor, o Servizo de Saúde Pública dos EUA.[16] No estudo, que durou de 1932 a 1972, utiizouse un grupo de homes negros con sífilis, pero deixáronos sen tratar para saber máis sobre a doenza, malia que estas persoas non deran o seu consentimento informado.[16]
In 1951 creouse o Servizo de Intelixencia Epidémico (EIS) como programa de adestramento en epidemioloxía. En 1980 iniciouse o Programa de Adestramento de Epidemioloxía de Campo (FETP), que adestrou miles de persoas duns 80 países,[17] así como outros progaramas de adestramento.[18]

A misión do CDC ampliouse desde o seu foco inicial sobre a malaria ás enfermidades de transmisión sexual, á tuberculose e en 1963 creouse o programa de inmunización.[19]
Pasou a chamarse Centro Nacional de Enfermidades Comunicables en 1967, e Centro para o Control de Enfermidades en 1970. Converteuse na principal axencia operativa do Servizo de Saúde Pública.[13]
En 1980 a organización foi renomeada en plural Centros para o Control de Enfermidades,[13] con moitos centros consituíntes.[20]
Unha lei do Congreso engadiulle ao nome as palabrass "e Prevención" en 1992, pero mantendo as siglas CDC polas que xa era coñecido.[21]
En 2005, o entón director Julie Gerberding anunciou a reorganización do CDC[22] e estableceu catro centros coordinadores, pero este cambio foi reavaliado durante a admistración de Barak Obama.[23]
En 2013, os laboratorios de bioseguridade de nivel 4 dos CDC eran uns dos poucos dese tipo que existían no mundo.[24]
Organización
[editar | editar a fonte]


Os CDC están organizados en centros, institutos e oficinas (CIOs), e cada unidade organizacional aplica as actividades da axencia nunha área particular de coñecemento e tamén proporcionan apoio dentro da axencia e comparte recursos para asuntos específicos e emerxencias sanitarias.[12]
Na reorganización máis recente de 2023, os CIOs son:[25]
- Centro Nacional para a Inmunización e Doenzas Respiratorias
- Centro Nacional para as Doenzas Infecciosas Zoonóticas e Emerxentes
- División de Saúde da Migración Global[26]
- Centro Nacional para o VIH/SIDA, Hepatite Viral, ETS, e Prevención da TB
- Cento Nacional sobre Defectos de Nacemento e Discapacidades de Desenvolvemento
- Cento Nacional para a Prevención de Doenzas Crónicas e Promoción de Saúde
- Centro Nacional para a Saúde Ambiental / Axencia para Substancias Tóxicas e Rexisto de Doenzas
- Centro Nacional para a Prevención e Control de Lesións
- Instituto Nacional para a Seguridade e Saúde Laboral
- Cento de Infraestuturas de Saúde
- Centro de Saúde Global
- Oficina Inmediata do Director
- Xefe de Persoal
- Oficina do Funcionario Operativo Xefe
- Oficina de Política, Realización e Avaliación
- Oficina de Igualdade de Oportunidades no Emprego e Equidade no Posto de Traballo
- Oficina de Comunicacións
- Oficina de Equidade na Saúde
- Oficina de Ciencia
- Oficina da CDC de Washington
- Oficina da Ciencia e Seguridade no Laboratorio
- Oficina de Rapidez e Resposta
- Centro para a Predición e Analítica de Gromos
- Oficina de Datos de Saúde Pública, Vixilancia e Tecnoloxía
- Centro Nacional para Estatísticas de Saúde
A Oficina de Preparación da Sanidade Pública creouse durante os ataques de ántrax de 2001 pouco despois dos ataques terroristas do 11 de setembro de 2001.[27]
Orzamento
[editar | editar a fonte]O orzamento do CDC para o ano fiscal de 2024 foi de 11.581 millóns de dólares.[28]
Áreas de traballo
[editar | editar a fonte]
- Doenzas comunicables (máis de 400)
- Gripe[29]
- Axentes selectos (patóxenos perigosos) e toxinas[30][31]
- Doenzas non comunicables[32][33][34]
- Resistencia a antibióticos[35]
- Saúde global[36][37][38]
- Saúde dos viaxeiros e turistas[39][40]
- Seguridade de vacinas[41][42][43][44][45]
- Revisión do autismo en relación con vacinas. Desde a chegada de Robert F. Kennedy Jr. como responsable de Sanidade a páxina web sobre "Autismo e vacinas" foi radicalmente cambiada. Antes deste cambio, a páxina web concluía que "os estudos mostraron que non hai ligazón entre recibir vacinas e desenvolver o trastorno de espectro autista". Isto foi cambiado seguindo instrucións de Kennedy en novembro de 2025, pasando a afirmar o seguinte: "a afirmación de que "as vacinas non causan autismo" non é unha afirmación baseada en evidencias porque os estudos non desbotaron a posibilidade de que as vacinas infantís causen autismo".[46] Isto suscitou numerosos comentarios nos medios,[47][48] por exemplo The Washington Post escribiu:
Os Centros de Control e Prevención de Enfermidades rexeitaron a súa anterior insistencia en que as vacinas non causan autismo despois de décadas de loitar contra a desinformación que ligaba ambas, atacando polas costas o persoal de carreira e facendo as delicias dos acivistas antivacinas.
O sitio web da axencia sobre vacinas e autismo, actualizada o mércores, agora fai varias afirmacións falsas sobre unha conexión, repetindo a persistente retórica do Secretario de Sanidade Robert F. Kennedy Jr., que ten unha longa historia de denigrar as vacinas e ligalas co autismo.
FactCheck.org cita o profesor David S. Mandel dicindo o seguinte:[49]
"Como todo científico sabe, non se pode "probar" unha falta de asociación. Poderías estar realizando estudos relacionados, unha e outra vez, ata que a masa de evidencias atopase que non hai ningunha asociación." El engadiu: A "páxina dos CDC é o equivalente de "vostede non probou que os fantasmas non existan" ou quizais máis centrado no tema, "vostede non probou que conducir durante o embarazo non cause autismo, así que as mulleres grávidas deberían deixar de conducir.'"
Tamén houbo numerosas críticas de asociacións médicas.[50][51][52][53][54][55][56]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Centers for Disease Control and Prevention". United States Department of Health and Human Services. 4 de outubro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2020. Consultado o 15 de maio de 2020.
- ↑ Niesse, Mark. "City of Atlanta's expansion to Emory and CDC approved". Atlanta Journal-Constitution. Consultado o 5 de decembro de 2017.
- ↑ "Mission, Role and Pledge". Centers for Disease Control and Prevention. 14 de abril de 2014. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Home: CDC". cdc.gov. Consultado o 19 de novembro de 2008.
- ↑ "HHS Announces Transformation to Make America Healthy Again". U.S. Department of Health and Human Services (en inglés). 27 de marzo de 2025. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2025. Consultado o 27 de marzo de 2025.
- ↑ "CDC health officials in US ordered to stop working with WHO immediately". The Guardian. Associated Press. 27 de xaneiro de 2025. Consultado o 7 de febreiro de 2025.
- ↑ Goodman, Brenda; Christensen, Jen; Valencia, Nick; Howard, Jacqueline; McPhillips, Deidre (31 de xaneiro de 2025). "CDC websites, datasets taken down as agency complies with Trump executive orders". CNN. Consultado o 1 de febreiro de 2025.
- ↑ Stone, Will (31 de xaneiro de 2025). "Trump administration purges websites across federal health agencies". NPR. Consultado o 1 de febreiro de 2025.
- ↑ Robertson, Rachael (23 de xaneiro de 2025). "Trump's Gag Order Halts CDC Publication". MedPage Today. Consultado o 7 de febreiro de 2025.
- ↑ "Meet the new members of CDC's vaccine advisory panel". www.advisory.com (en inglés). 2025-06-12. Consultado o 2025-06-16.
- ↑ Young, Lauren J. (3 de febreiro de 2026). "A 'shadow CDC' is scrambling to fill gaps in public health data". Scientific American. Consultado o 3 de febreiro de 2026.
- 1 2 Parascandola J (novembro-decembro de 1996). "From MCWA to CDC - origins of the Centers for Disease Control and Prevention". Public Health Reports 111 (6): 549–551. PMC 1381908. PMID 8955706.
- 1 2 3 "Records of the Centers for Disease Control and Prevention (Record Group 442) 1921–2004". Guide to Federal Records. Estados Unidos: National Archives and Records Administration. 9 de novembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2010. Consultado o 4 de outubro de 2009.
- ↑ Sledge, Daniel (2012). "War, Tropical Disease, and the Emergence of National Public Health Capacity in the United States". Studies in American Political Development 26 (2): 125–162. doi:10.1017/S0898588X12000107. hdl:10106/24372.
- ↑ "Celebrating 7 Decades of Firsts". Centers for Disease Control and Prevention (en inglés). 22 de marzo de 2017. Consultado o 14 de xuño de 2020.
- 1 2 "U.S. Public Health Service Syphilis Study at Tuskegee: The Tuskegee Timeline". National Center for HIV/AIDS, Viral Hepatitis, STD, and TB Prevention, CDC. 22 de decembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 3 de xaneiro 2016.
- ↑ "FETP 40th Anniversary | Division of Global Health Protection | Global Health | CDC". CDC. 12 de marzo de 2021.
- ↑ "Thailand Field Epidemiology Training Program | TEPHINET". www.tephinet.org.
- ↑ Beth E. Meyerson; Fred A. Martich; Gerald P. Naehr (2008). Ready to Go: The History and Contributions of U.S. Public Health Advisors. Research Triangle Park: American Social Health Association.
- ↑ Etheridge, Elizabeth W. (1992). Sentinel for Health: A History of the Centers for Disease Control (en inglés). University of California Press. pp. 229–231, 342–343. ISBN 978-0-520-91041-6.
- ↑ Centers for Disease Control (CDC) (1992). "CDC: the nation's prevention agency". MMWR Morb Mortal Wkly Rep 41 (44): 833. PMID 1331740. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2011.
- ↑ Gerberding, Julie Louise (21 de abril de 2005). "Letter from Dr. Gerberding". CDC, Office of Director, The Futures Initiative. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2016. Consultado o 28 de decembro de 2008.
- ↑ Koenig, Robert (7 de agosto de 2009). "New Chief Orders CDC to Cut Management Layers". ScienceInsider. Science. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2009. Consultado o 16 de abril de 2012.
- ↑ "Viral Special Pathogens Branch". CDC. Consultado o 18 de maio de 2016.
- ↑ "CDC Organization". U.S. Centers for Disease Control and Prevention (en inglés). 21 de febreiro de 2023. Consultado o 22 de febreiro de 2023.
- ↑ "Divisions and Office Overview". CDC. 14 de febreiro de 2019. Consultado o 30 de outubro de 2020.
- ↑ "Bio-terrorism Office Gets a New Director". The New York Times. 2 de maio de 2002. Consultado o 17 de outubro de 2018.
- ↑ "CDC Statement on President's Fiscal Year 2024 Budget". CDC. 9 de marzo de 2023. Consultado o 2 de outubro de 2024.
- ↑ "Influenza (Flu)". Centers for Disease Control and Prevention. 4 de xuño de 2021.
- ↑ "About the Division of Select Agents and Toxins". Centers for Disease Control and Prevention. 10 de outubro de 2018. Consultado o 17 de outubro de 2018.
- ↑ Cohen, Bryan. "CDC's Select Agents Program protects against bioterror threats" Arquivado 23 de setembro de 2020 en Wayback Machine., BioPrepWatch, 10de febreiro de, 2014; consultado o 17 de outubro de 2014.
- ↑ "Overweight & Obesity". Centers for Disease Control and Prevention. Consultado o 4 de agosto de 2015.
- ↑ "Organization Chart". National Center for Chronic Disease Prevention and Health Promotion (NCCDPHP). CDC. 22 de marzo de 2024.
- ↑ "Division of Cancer Prevention and Control – at a glance" (PDF). CDC. Arquivado dende o orixinal (PDF) o June 18, 2019. Consultado o 17 de agosto de 2021.
- ↑ "Antibiotic Resistance Lab Network | Antibiotic/Antimicrobial Resistance | CDC". Centers for Disease Control and Prevention. 5 de xaneiro de 2017. Consultado o 26 de febreiro de 2017.
- ↑ "CDC Global Health – What We're Doing". Centers for Disease Control and Prevention. 15 de setembro de 2017. Consultado o 19 de abril de 2018.
- ↑ "Organization of the CDC Center for Global Health". Centers for Disease Control and Prevention. 24 de marzo de 2016.
- ↑ "CDC's Role in Global HIV Control". Centers for Disease Control and Prevention. Consultado o 19 de abril de 2018.
- ↑ "2018 Yellow Book Home". CDC. Consultado o 1 de xuño de 2017.
- ↑ "Travel Health Notices". CDC. 29 de agosto 2019.
- ↑ "Vaccine Adverse Event Reporting System (VAERS)". Centers for Disease Control and Prevention. 23 de xullo de 2020. Consultado o 28 de agosto de 2020.
- ↑ "Safety Information by Vaccine". Centers for Disease Control and Prevention. 17 de xullo de 2020. Consultado o 28 de agosto de 2020.
- ↑ Chen, R. T.; Glasser, J. W.; Rhodes, P. H.; Davis, R. L.; Barlow, W. E.; Thompson, R. S.; Mullooly, J. P.; Black, S. B.; Shinefield, H. R.; Vadheim, C. M.; Marcy, S. M.; Ward, J. I.; Wise, R. P.; Wassilak, S. G.; Hadler, S. C. (1 de xuño de 1997). "Vaccine Safety Datalink Project: A New Tool for Improving Vaccine Safety Monitoring in the United States". Pediatrics 99 (6): 765–773. PMID 9164767. doi:10.1542/peds.99.6.765.
- ↑ "Clinical Immunization Safety Assessment (CISA) Project". CDC (en inglés). 30 de setembro de 2021. Consultado o 7 de outubro de 2022.
- ↑ "V-safe After Vaccination Health Checker". Centers for Disease Control and Prevention (en inglés). 18 de xullo de 2022. Consultado o 7 de outubro de 2022.
- ↑ Kluger, Jeffrey (2026-05-02). "The CDC's New Messaging May Be Damaging Trust in Vaccines, Study Says". Time (en inglés). ISSN 0040-781X. Arquivado dende o orixinal o 6 de maio de 2026. Consultado o 2026-07-07.
- ↑ Stein, Rob; Huang, Pien (20mde novembro de 2025). "The CDC revives debunked 'link' between childhood vaccines and autism". NPR. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2025. Consultado o 22 de novembro de 2025.
- ↑ "'We can't trust the CDC anymore': Website revised to say vaccines may cause autism". MS NOW. 20 de novembro de 2025. Consultado o 22 de novembro de 2025 – vía YouTube.
- ↑ McDonald, Jessica; Yandell, Kate (20 de novembro de 2025). "Revised CDC Website About Autism and Vaccines Is Not Evidence-Based". FactCheck.org. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2025. Consultado o 22 de novembro de 2025.
- ↑ Jenco, Melissa (20 de novembro de 2025). "AAP: 'Stop wasting government resources to amplify false claims' about vaccines, autism". American Academy of Pediatrics. Consultado o 22 de novembro de 2025.
- ↑ Volpe, C.J. (20mde novembro de 2025). "CDC's New Autism Webpage Distorts Science and Rejects Decades of Evidence on Vaccine Safety". Autism Science Foundation. Consultado o 22 de novembro de 2025.
- ↑ APHA (20 de novembo de 2025). "Statement on CDC autism website changes". American Public Health Association. Consultado o 22 de novembro de 2025.
- ↑ IDSA (20 de novembro de 2025). "Statement on CDC's vaccines and autism webpage". Infectious Diseases Society of America. Consultado o 22 de novembro de 2025.
- ↑ Fryhofer, Sandra Adamson (20 de novembro de 2025). "AMA statement on CDC changes to website on autism and vaccines". American Medical Association. Consultado o 22 de novembro de 2025.
- ↑ Taylor, Luke (21 de novembro de 2025). "CDC website altered to suggest possible link between vaccines and autism". The BMJ (BMJ) 391. ISSN 1756-1833. doi:10.1136/bmj.r2470.
- ↑ Szabo, Liz; Bergeson, Laine (20 de novembro de 2025). "After unprecedented autism-vaccine messaging change, scientists, advocates say CDC no longer trustworthy". Center for Infectious Disease Research and Policy. Consultado o 22 de novembro de 2025.
Fontes
[editar | editar a fonte]- Este atigo publica material en dominio público dos sitios web ou de documentos dos Centers for Disease Control and Prevention dos Estados Unidos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Editorial (16 de maio de 2020). "Reviving the US CDC". The Lancet 395 (10236): 1521. PMC 7255307. PMID 32416772. doi:10.1016/S0140-6736(20)31140-5.
- Etheridge, Elizabeth W. (1992). Sentinel for Health: A History of the Centers for Disease Control. Berkeley, CA: University of California Press. ISBN 978-0-520-07107-0.
- Meyerson, Beth E.; Martich, Frederick A.; Naehr, Gerald P. (2008). Ready to Go: The History and Contributions of U.S. Public Health Advisors. Research Triangle Park, NC: American Social Health Association. ISBN 978-0-615-20383-6. OCLC 244483702.
- Stobbe, Mike (2014). Surgeon General's Warning: How Politics Crippled the Nation's Doctor. Berkeley: Univ of California Press. ISBN 978-0-520-27229-3.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial dos CDC
- CDC no Federal Register
- CDC-Wide Activities and Program Support en USAspending.gov
- CDC Online Newsroom
- CDC Public Health Image Library
- CDC Global Communications Center
- CDC Emerging Infectious Diseases Laboratory – Atlanta, Xeorxia (arquivado o 3 de xullo de 2008)
- CDC WONDER online databases.
- Vaccine Safety Monitoring Systems and Methods (CDC), unha presentación feita na xuntanza de outubro de 2019 do ACIP