Centrophryne spinulosa
Centrophryne spinulosa | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Centrophryne spinulosa Regan e Trewavas, 1932 |
O Centrophryne spinulosa é unha especie, única do seu xénero e da súa familia Centrophrynidae, distribuído por todo o fondo abisal do océano Atlántico e do océano Pacífico. O nome da familia procede do grego: kentron (aguillón ou pica) + phrynos (sapo).[1][2][3]
Anatomía
[editar | editar a fonte]A pel está recuberta de numerosas espiñas pequenas; os exemplares novos presentan pequenas barbas baixo a cabeza.[1]
É unha especie con forte dimorfismo sexual, de maneira que a lonxitude máxima dos machos é de 23 cm mentres que nas femias é de 1,6 m; porén, ó contrario do que ocorre con outras familias desta mesma orde, os diminutos machos non parasitan as femias e continúan a súa vida libre tras o apareamento.[2]
Hábitat e forma de vida
[editar | editar a fonte]Son peixes batipeláxicos que viven nadando pola zona abisal, en augas tropicais e subtropicais de tódolos océanos, tamén poden ser mesopeláxicos, pero a malia estar en todo o globo é moi raro velos: só se describiron 25 avistamentos dende o seu descubrimento.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Nelson (1976). Fishes of the world (en inglés) (2ª edición ed.). New York: John Wiley & Sons, Inc.
- ↑ 2,0 2,1 Bertelsen, E., 1990. "Centrophrynidae". p. 509. En J.C. Quero, J.C. Hureau, C. Karrer, A. Post e L. Saldanha (eds.) Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisboa; SEI, París; e UNESCO, París. Vol. 1.
- ↑ Romero. An etymological dictionary of taxonomy. Madrid: unpublished.
- ↑ Bertelsen, E., 1986. "Centrophrynidae". p. 1401-1402. En P.J.P. Whitehead, M.-L. Bauchot, J.C. Hureau, J. Nielsen, e E. Tortonese (eds.) Fishes of the North-eastern Atlantic and the Mediterranean. UNESCO, París, Vol. 3.