Centro de saúde

Un centro de saúde ou centro de atención primaria é un edificio sanitario onde se prestan servizos asistenciais de saúde á poboación na escada dun primeiro nivel de asistencia médica. A diferenza dun hospital, que proporciona atención secundario ou especializada, a atención primaria posúa unha asistencia máis temperá e próxima. Os centros de saúde esténdense polos diferentes concellos, poboacións ou barrios, e teñen como referencia un hospital da zona. No centro de saúde tamén poden darse prestacións de atención hospitalaria, en forma de consultas externas, pequenas intervencións cirúrxicas (cirurxía menor) ou servizo de urxencias con maior ou menor grao de prestacións. Algúns centros de saúde máis pequenos e limitados en prestacións, nos que incluso non se pasa consulta todos os días, denomínanse consultorios, e adoitan estar en poboacións máis pequenas e remotas. Outros sinónimos dos centros de saúdes usados coloquialmente son centro médico ou ambulatorio.[1]
En Galicia
[editar | editar a fonte]Habitualmente en Galicia os centros de saúde están compostos por diferentes especialidades médicas coas súas respectivas consultas: médicos de familia e pediatras, fundamentalmente. Eventualmente, nalgúns centros de saúde poden pasar consulta certos días da semana especialistas de outros ámbitos, coma reumatólogos, cardiólogos, cirurxiáns ou anestesiólogos. En canto ao persoal de enfermaría, a maioría de centros de saúde contan con enfermeiros especializados en pediatría, atención primaria ou matronas. Tamén é habitual que exista persoal de saúde mental (psiquiatras, enfermeiros de saúde mental, psicólogos) ben no propio centro de saúde ou en lugares anexos coma unidades de saúde mental (CSM). Finalmente, atópanse outras profesións relacionadas coa asistencia sanitaria tales coma auxiliares de enfermaría, fisioterapeutas, asistentes sociais e odontólogos; e outras non relacionadas coa asistencia sanitaria, coma persoal administrativo, celadores, de mantemento ou de limpeza.
En Galicia existe unha rede de centros de saúde públicos, dependentes da administración sanitaria, isto é, o Servizo Galego de Saúde (SERGAS). En 2023, Galicia posuía 399 centros de saúde públicos.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ambulatorio.
- ↑ "Número de centros de salud y consultorios de Atención Primaria del Sistema Nacional de Salud (SNS) según comunidad autónoma.". Ministerio de Sanidade. Consultado o 24 de marzo de 2025.