Centro de Supercomputación de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Centro de Supercomputación de Galicia
Logo
Entrada ao CESGA.
Tipoinstalación e axencia gobernamental
Data de fundaciónmaio de 1993
Director/aLois Orosa Nogueira
Nº de empregados45
EnSantiago de Compostela
PaísGalicia
42°52′33″N 8°33′12″O / 42.87575, -8.5533333333333
Na rede
http://www.cesga.es/
editar datos en Wikidata ]

O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) é un centro de cálculo de altas prestacións radicado en Galicia. Proporciona servizos de cálculo e comunicacións ás comunidades investigadoras galegas, ao CSIC e a calquera empresa ou institución que o solicite.

Finalidade e características[editar | editar a fonte]

Entre as súas instalacións conta co supercomputador FinisTerrae III. O equipo foi instalado no ano 2021 e posto en produción no ano 2022. É un equipo Bull ATOS bullx  distribuído en 13 racks ou armarios e que conta con 354  nodos de computación, 22.656  cores Intel Xeon Ice Lake 8352Y, 128 GPUs  Nvidia A100 e 16 Nvidia  T4, 118  TB de memoria e 5.000  TB de almacenamento de altas prestacións Lustre. Todos os nodos están interconectados mediante unha rede de baixa latencia Mellanox Infiniband HDR. A capacidade de cómputo pico do equipo é de 4 PetaFlops[1][2]. Esta máquina sustitúe as precendentes Finisterrae I e II.

Xunto con outras infraestruturas avanzadas están destinadas a incrementar a capacidade investigadora e tecnolóxica da comunidade científica e da industria. Pola súa singularidade no conxunto do Estado Español, recoñécese como infraestrutura científica tecnolóxica singular de España (ICTS) dende 2009[3][4]. As infraestruturas máis significativas están destinadas a proporcionar grandes potencias de cálculo computacional en contornas científicas tecnolóxicas por medio de diferentes arquitecturas, así como as redes avanzadas de comunicacións que permiten á comunidade científica tecnolóxica galega acceder ás redes académicas-científicas nacionais e internacionais por medio de grandes anchos de banda. Existen tamén outras infraestruturas relacionadas coas tecnoloxías da información que proporcionan unha gran variedade de servizos complementarios á Comunidade Científica Galega, sistema académico universitario e do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC).

Historia e misión[editar | editar a fonte]

O CESGA foi inaugurado en maio de 1993, aínda que o seu inicio data de dous anos antes, mediante a firma en 1991 dun convenio entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o CSIC para a creación do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) baixo a figura xurídica de Sociedade Anónima de Xestión.[5]

Dende o ano 2012 o CESGA constituíuse exclusivamente como Fundación Pública Galega, coa denominación Fundación Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA), e extinguindo a anterior Sociedade Anónima de Xestión Centro de Supercomputación de Galicia (SAX CESGA)[6].

A Fundación CESGA é unha institución pública sen ánimo de lucro na que os seus patróns pertencen á Xunta de Galicia (70% do capital) e mais ó CSIC (30% do capital). O CESGA naceu do compromiso da Xunta de Galicia de promover servizos comúns de apoio ás tarefas de investigación, e por outra banda, do interese do CSIC de promover en Galicia un contorno de traballo na área do cálculo intensivo, comunicacións e servizos avanzados na sociedade da información e o coñecemento.

A Fundación CESGA ten como misión contribuír ao avance da Ciencia e a Técnica, mediante a investigación e aplicación de computación e comunicacións de altas prestacións, así como outros recursos das tecnoloxías da información, en colaboración con outras institucións, para o beneficio da Sociedade.[7]

Evolución do equipamento[editar | editar a fonte]

Nodos HP-SFS sistema de almacenamento.

En 1993 inaugurase o CESGA. Contaba cun superordenador vectorial Fujitsu VP 2400 e unha rede de comunicacións coas universidades galegas e os centros do CSIC afincados en Galicia de baixa capacidade de acceso.

En 1998 substitúese o Fijitsu VP 2400 por dous novos supercomputadores.

  • Fujitsu VPP300E, un supercomputador vectorial cunha arquitectura de multiprocesador en paralelo; constaba de 6 procesadores, unha memoria 12 GB, unha rede de interconexión entre nodos que podía alcanzar velocidades de 1230MB/s e pode almacenar 560GB de información. Con todo isto conseguíase un rendemento de 14.4GFLOPS
  • Fujitsu AP3000, un supercomputador escalar paralelo con memoria distribuída. Estaba composto por 20 procesadores, 2.5 GB de memoria principal e unha capacidade de almacenamento de 67.2 GB; os nodos conéctanse mediante dous sockets Torus 2D, cada un pode transmitir a 200MB/s. Conseguíanse rendementos de 12GFLOPs

Durante o ano 1999 ponse en produción un novo supercomputador de altas prestacións, o Sun Microsystems HPC (High Performance Computing) 4500. Este novo computador alcanzaba rendementos de 9.6 GFLOPS estaba organizado nunha arquitectura de memoria compartida (SMP) e organizábase en 12 procesadores a 400 MHz cada un, 4 GB de memoria principal e 36GB de almacenamento

O Superordenador Virtual Galego (SVG) nace no ano 2001 sendo un conxunto heteroxéneo de servidores. Componse de:

  • 18 servidores que proporcionan 36 procesadores Pentium III a velocidades que oscilan entre os 550-800 MHz, con memoria principal de 512 a 1GB, cun disco por cada nodo de 40GB e unha rede de interconexión entre nodos FastEthernet de 100Mbit/s.
  • 40 servidores de dobre procesador Quad-Core (catro cores por procesador) Intel Xeon a 1.6GHZ e 2.66 GHz con capacidade de almacenamento de 72GB mediante tecnoloxía SAS, a memoria principal varía de entre 4 a 8GB e unha rede de interconexión GigabitEthernet.
  • 2 servidores Pentium Xeon64 a 3.2 e 3 GHz.
  • 1 servidor con dous procesadores AMD Opteron a 1.8 GHz cunha memoria de 4GB e memoria de almacenamento con tecnoloxía SATA con capacidade de 160GB.

O supercomputador HPC320 implantase en 2002, componse de 8 servidores que proporcionan 32 CPUs a 1 GHz, a memoria principal total do sistema ascende a 80GB distribuído en nodos de 8 e 16GB. Este clúster proporciona unha rede de interconexión de baixa latencia mediante unha rede memoria Memory Channel II e alto ancho de banda. A capacidade de almacenamento total é de 2TB. O máximo rendemento obtido probando o venchmark Linpack foi de 45GFlops.

No ano 2003 adquírese o Superdome, un superordenador formado por dous servidores que proporcionan 64 procesadores Intel Itanium2 a 1.5GB e unha memoria principal de 384 GB, o sistema de almacenamento está composto de 128 discos SCSI que gardan un total de 4.6TB de información. Aplicando o benchmark anterior conseguiu un rendemento de 642GFLOP o que logrou situalo no posto 227 do TOP500 no ano 2003

O Finisterrae é un sistema de integrado por 144 de memoria compartida cunha arquitectura SMP adquirido en 2007. A distribución dos nodos é a seguinte:

  • 142 nodos con 16 núcleos Itanium Montvale e 128 GB de memoria por cada un.
  • 1 nodo con 128 núcleos Itanium Montvale e 1 TB de memoria.
  • 1 nodo con 128 núcleos Itanium 2 e 384 GB de memoria.

Dispón dunha rede Infiniband 4x DDR a unha velocidade 20Gbps que da soporte a interconexión entre nodos e unha rede externa de 10 Gbps. O Finisterrae rompe coa barreira do TeraFLOP alcanzando os 20TFLOPS, acadando a principios do 2008 o posto 100 no TOP500

Notas[editar | editar a fonte]

  1. P, S. R. (2022-10-14). "Viaje a las entrañas de ‘Finis Terrae III’, el otro supercerebro de España". El País (en castelán). Consultado o 2023-05-08. 
  2. "Overview — CESGA Technical Documentation 1.0.0 documentation". cesga-docs.gitlab.io. Consultado o 2023-05-08. 
  3. javier.fernaud_375 (2016-01-15). "Mapa de Infraestructuras Científicas y Técnicas Singulares". FECYT (en castelán). Consultado o 2023-05-08. 
  4. carlos. "Acerca do Cesga". Cesga - Centro de Supercomputación de Galicia. Consultado o 2023-05-08. 
  5. carlos. "Historia". Cesga - Centro de Supercomputación de Galicia. Consultado o 2023-05-08. 
  6. "Consellos de goberno - presidente.gal". www.presidente.gal. Ver Consello do Goberno do día 16/02/2012. Consultado o 2023-05-08. 
  7. carlos. "Acerca do Cesga". Cesga - Centro de Supercomputación de Galicia. Consultado o 2023-05-08. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]