Saltar ao contido

Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia
 Instancia de
Localización
 Situado en
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Twitter: citmaga LinkedIn: citmaga Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) é un centro interuniversitario creado en 2021 mediante convenio das tres universidades públicas galegas Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo e Universidade da Coruña.

O seu obxectivo é integrar as capacidades científicas no ámbito das Matemáticas, compartindo visión e estratexia, e cunha clara aposta pola transferencia de coñecemento.

CITMAga nace coa motivación de fomentar unha cultura colaborativa que busque a excelencia na investigación, a innovación e a formación. Aspira a converterse nun centro de referencia nacional e internacional, constituíndo unha contorna atractiva para o desenvolvemento científico e profesional.

En 2025, CITMAga manifestou o seu sólido e decidido apoio a En defensa do mestrado de Matemáticas da USC e á consideración do Mestrado Universitario en Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela como unha titulación chave na formación, determinante na consolidación das carreiras investigadoras e singular dentro do Sistema Universitario de Galicia.[1]

Axenda científica

[editar | editar a fonte]

O centro integra as capacidades científicas máis competitivas das tres universidades nunha Axenda Científica común, aliñada cos programas marco europeos, a Estratexia Estatal de Innovación e a RIS3 de Galicia.

Transferencia de coñecemento

[editar | editar a fonte]

Un dos piares fundamentais de CITMAga é a súa aposta pola transferencia de coñecemento, proporcionando á industria rexional e nacional unha vantaxe competitiva sostible mediante o fácil acceso á tecnoloxía habilitante líder a nivel mundial.

CITMAga integra na súa estrutura o consorcio Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI), como unidade de transferencia dos resultados da investigación, en clara aposta pola transferencia de coñecemento que foi un dos distintivos da comunidade matemática en Galicia.

  1. CITMAga (2-6-2025). "Carta de Apoio ao Mestrado Universitario en Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC)" (PDF). Boletín CITMAga 11.