Centro de Interpretación da Lagoa de Antela
| Centro de Interpretación da Lagoa de Antela | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
|
Tema principal
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
| |||||
| Wikidata |
O Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, dependente do Concello de Sandiás, máis coñecido como A Casa da Lagoa, é un centro de estudo da lagoa de Antela, situado no centro da vila de Sandiás, nunha antiga casa labrega rehabilitada, no que era a antiga marxe noroeste da lagoa de Antela.
Funcionamento
[editar | editar a fonte]
O concello de Sandiás púxoo en marcha tras ser aprobada unha iniciativa Leader II Val da Limia, de dinamización dos núcleos rurais con propostas culturais. No centro atópase unha exposición sobre a historia da lagoa e as areeiras recuperadas na actualidade. Tamén existen cámaras teledirixidas para observar o que está a acontecer nos espazos húmidos, así como audivisuais sobre a lagoa de Antela, o patrimonio histórico-artístico da zona e sobre as areeiras recuperadas medioambientalmente.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de Turgalicia sobre o centro Arquivado 29 de outubro de 2016 en Wayback Machine.
