Celtic Kings: Rage of War

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Celtic Kings: Rage of War
Desenvolvedor(es)Haemimont Games
Distribuidora(s)Strategy First, Wanadoo Edition, FX Interactive (Italia e España)
Lanzamento12 de agosto de 2002
XéneroEstratexia en tempo real
Modos de xogoUn xogador
ClasificaciónPEGI
Plataforma(s)Microsoft Windows
Formato(s)CD-ROM
Requisitos
  • Windows 98/Me/XP
  • Pentium III 400 MHz
  • 64 Mb de memoria RAM
  • 570 Mb de espazo libre
  • Tarxeta gráfica 2Mb
  • Monitor con resolución 1024 x 768
  • Lector de CD-ROM
SerieImperivm
Na rede
https://web.archive.org/web/20070127025549/http://www.haemimontgames.com/celtickings/
editar datos en Wikidata ]

Celtic Kings: Rage of War (comercializado en España como Imperivm: La Guerra de las Galias) é un videoxogo de estratexia para PC producido por FX Interactive pertencente á serie de videoxogos Imperivm, baseado en feitos históricos ocorridos no que actualmente é Francia. O xogador pode revivir as conquistas de Xulio César ou a defensa dos galos en liortas como a batalla de Alesia.

Os dous modos dispoñibles no xogo son aventura e estratexia, cuxa acción se desenvolve en escenarios dos momentos decisivos da Guerra das Galias.

Unidades[editar | editar a fonte]

Cada civilización de Imperivm ten diferentes clases de guerreiros e todas teñen características especiais, unhas máis fortes que outras. É posible formar grupos de ata 50 unidades que obedecen ós heroes.

Romanos[editar | editar a fonte]

As unidades dos romanos son: lexionario, arqueiro, gladiador, princep, equite, sacerdote de Xúpiter, liberatus e pretoriano.

Galos[editar | editar a fonte]

As unidades dos galos son: guerreiro, arqueiro, guerreiro con machado, lanceiro, xinete, guerreira e druída.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]