Celso Lorenzo Villa
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Celso Lorenzo Villa | |
---|---|
Nacemento | século XX |
Lugar de nacemento | Comarca do Baixo Miño |
Falecemento | 29 de setembro de 2002 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | militar e contrabandista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Celso Lorenzo Villa, nado no Baixo Miño e finado o 29 de setembro de 2002,[1][2] foi un militar e contrabandista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aviador militar, combateu na guerra civil española no bando republicano. En 1984 reclamou que se lle recoñecese o seu rango como militar do exército do aire, mais a solicitude foille denegada[3].
Dedicouse ao contrabando[4], e entre 1959 e 1962 foi presidente do Real Club Celta de Vigo, con Vicente Otero Pérez tamén na directiva[5]. En 1968, estando en paradoiro descoñecido, foi condenado ao pago dunha multa de 405 080 pesetas por contrabando de tabaco[6].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 29-9-2002, p. 29
- ↑ "Justo reparto de puntos entre Celta y Málaga"[Ligazón morta], Diario de Avisos, 30 de setembro de 2002 (en castelán).
- ↑ "Cuando el Celta estaba indirectamente patrocinado por Marlboro", Vigo Empresa, 5 de agosto de 2017 (en castelán).
- ↑ Carretero, N. (2015): Fariña. Libros del K.O., páx. 35.
- ↑ Gallego Arzuaga, F. (1997): R.C. Celta 1923-1998. 75 años de historia. Faro de Vigo. Páx. 356.
- ↑ Boletín Oficial del Estado, 29 de abril de 1968.