Saltar ao contido

Celia Rico Clavellino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCelia Rico Clavellino

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1982 Editar o valor en Wikidata (42/43 anos)
Constantina, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Sevilla
Universidade de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora de cinema, guionista, produtora Editar o valor en Wikidata
Participou en
Tabakalera Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm3536332 BNE: XX5663453 Editar o valor en Wikidata

Celia Rico Clavellino, nada en Constantina, Sevilla, en 1982, é unha guionista e directora de cinema española.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Os seus inicios profesionais foron nos equipos técnicos de filmes como Blancanieves de Pablo Berger, Dictado de Antonio Chavarrías, 14 días con Víctor de Román Parrado ou Guest de José Luis Guerín .

Como directora iniciouse no 2012 con Luisa no está en casa, seleccionada polo Festival de Cine de Málaga e a Semana Internacional de Cine de Valladolid. No 2016 participu como guionista en Quatretondeta, nomeada aos Premios Goya en 2017.[3]

A súa ópera prima como directora e guionista foi Viaje al cuarto de una madre, coa que gañou o premio ao mellor guión nos Premios Gaudí e no Festival Internacional de Cinema de Almería.[4][5][6] Con Los pequeños amores logrou a Biznaga de Prata Premio Especial do Xurado no Festival de Cine de Málaga de 2024.[7][8]

En La buena letra adapta a novela de Rafael Chirbes ao cinema, este filme obtivo a mención especial do Xurado no Festival de Málaga de 2025. [9]