Celestino Horta Resúa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Boiro, España |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Actividade | |
Lugar de traballo | Minas de San Fins |
Ocupación | sindicalista, mineiro, maquis |
Familia | |
Irmáns | Agustín Horta Resúa |
Celestino Horta Resúa, nado en Boiro, foi un sindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Veciño da Ponte Beluso, Bealo, traballaba nas minas de San Fins e era sindicalista. Fundou xunto a outros veciños a Sociedad de Agricultores de la parroquia de Bealo La Armonía con sede en Loimar, Bealo, afín á UGT.[1]
Foi un dos mineiros sinalado pola voadura da ponte do río Beluso tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936.[2] Botouse ao monte e formou parte do grupo de guerrilleiros comandado por Ramón Rodríguez Varela[3] no que se integraron Avelino Méndez Suárez, Hilario Arroyo, Manuel Fernández Valle, Abdón de Ces e José Dias, que actuaron en Lousame.[4] Estivo tres anos no monte e outros seis agochado en casas dos veciños. Finalmente entregouse no cuartel de Santiago de Compostela.[4][5]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Manuela Creo, que foi detida trala fuxida do seu marido.[4][5][6] Seu irmán Agustin foi asasinado[4][5] en novembro de 1936.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rodríguez Gallardo, Antón (2022). A Segunda República en Boiro (1931-1936). Entre o caciquismo inmobilista e a mobilización socio política da xente do común (PDF). Deputación da Coruña. p. 96. ISBN 978-84-9812-394-4.
- ↑ "Os paseados en Rianxo (1936-1939)". CRMH Barbanza. Concello de Rianxo. 2022. Consultado o 18-10-2024.
- ↑ Cimadevila Álvarez 2012, p. 5.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Cuevas Buján, Lorena; Fernández Fernández, Eliseo (2016). Breve historia da coluna Sanfins (PDF). Grupo de Memoria Histórica da CNT Galiza. p. 105.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Cimadevila Álvarez 2012, p. 6.
- ↑ 6,0 6,1 Rodríguez Gallardo, Antón (2022). A Segunda República en Boiro (1931-1936). Entre o caciquismo inmobilista e a mobilización socio política da xente do común (PDF). Deputación da Coruña. p. 258. ISBN 978-84-9812-394-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cimadevila Álvarez, Carlos (2012). A guerrilla e os campos de concentración (PDF). III Seminario sobre a Memoria. p. 24.
- Comoxo Rodríguez, Xosé; Santos Suárez, Xesús (2010). Rianxo na súa historia. Consecuencias da Guerra Civil (1936-1939). Deputación da Coruña. p. 400. ISBN 978-84-9812-120-9.