Celestino Luís Crespo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Celestino Crespo Crespo»)
Infotaula de personaCelestino Luís Crespo
Biografía
Nacemento1913 Editar o valor em Wikidata
Betanzos, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de febreiro de 1965 Editar o valor em Wikidata (51/52 anos)
Betanzos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosJosé Luis Crespo Garrido Editar o valor em Wikidata

Celestino Luís Crespo Crespo, nado en Betanzos en 1913 e finado na mesma vila o 19 de febreiro de 1965, foi un mestre, xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o Bacharelato na Coruña e ingresou na escola Normal de Maxisterio. Afiliouse a Falange Española o 4 de febreiro de 1934.[1] Mobilizado durante a guerra, cando rematou foi mestre en Betanzos. Nos anos cincoenta foi mestre da escola graduada anexa á Escola Normal de Santiago de Compostela. Integrouse na vida cultural da posguerra compostelá formando parte do grupo dos "Catorce de Osebe", escritores, artistas e xornalistas en torno á figura de Aquilino Iglesia Alvariño. Foi o primeiro escritor que publicou un libro en galego en Galicia, Brétemas mariñás, trala guerra civil (1946). Escribiu dúas obras máis Estampas brigantinas e Agarimos que non chegaron a se publicar. Colaborou en La Voz de Galicia, El Correo Gallego e La Noche. Finou en Betanzos o 19 de febreiro de 1925.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María de los Remedios Garrido Salorio e foi pai de José Luis, María del Carmen e Marcelino Crespo Garrido.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Torres Regueiro, Xesús (2018). "Un achegamento á Falange local: O libro de afiliados á Falange de Betanzos (1936-1967)". Anuario Brigantino (41): 237–279. 
  2. Necrolóxica en La Noche, 19-2-1965, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]