Saltar ao contido

Celestino Cavedoni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCelestino Cavedoni

Retrato de Celestino Cavedoni
por G. Muratori (Museo Cívico de Módena)

Biografía
NacementoVenanzio Celestino Cavedoni
17 de maio de 1795
Castelvetro di Modena, Módena, Italia.
Morte26 de novembro de 1865 (71 anos)
Módena, Italia.
País de nacionalidadeItalia Italiano.
RelixiónCatólico (sacerdote).
EducaciónUniversidade de Boloña.
Actividade
Campo de traballoNumismática, arqueoloxía, estudos bíblicos.
Ocupaciónantropólogo, sacerdote católico, numismático, arqueólogo, biblista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Módena e Reggio Emilia.
Biblioteca Estense.
Membro de
Academia das Ciencias de Turín.
Academia Etrusca de Cortone.
Academia Real de Ciencias de Prusia.
Instituto Arqueolóxico Alemán.
Influencias
Familia
PaisGiorgio Cavedoni Editar o valor en Wikidata  e Cristina Franchili Editar o valor en Wikidata
Premios
Lexión de Honra.
Premio Allier de Hauteroche (1851).

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Enciclopedia Católica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1219844

Celestino Cavedoni, nado en Castelvetro di Módena, Módena, o 17 de maio de 1795 e finado en Módena o 26 de novembro de 1865, foi un sacerdote católico, numismático, arqueólogo e epigrafista italiano.

Cavedoni foi bibliotecario e conservador do Museo Numismático de Módena. Lixeiramente posterior a Ennio Quirino Visconti e a Domenico Sestini, e contemporáneo de Bartolomeo Borghesi, foi un dos máis insignes arqueólogos e numismáticos italianos da primeira parte do século XIX.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

Venanzio Celestino Cavedoni naceu en 1975 na localidade de Levizzano Rangone, no municipio modenés de Castelvetro di Módena. Foi un dos catro fillos de Cristina Franchini e de Giorgio Giuseppe Cavedoni,[1] un granxeiro e comerciante de peles de posición social acomodada.[2]

Comezou nunha escola pública da súa vila natal a súa formación en Gramática Latina, e de aí pasou a finais de 1809 ás escolas San Giovanni Battista, en Módena, onde estudou Retórica e Humanidades. Aos doce anos, en maio de 1807, decidiu tomar os hábitos en Levizzano, e o 30 de outubro de 1811 ingresou no seminario episcopal, onde cursou estudos de Filosofía e Teoloxía, e ordenouse sacerdote o 20 de decembro de 1817.[1][2]

Ao mesmo tempo, atraído tamén pola filoloxía clásica, aprendeu grego clásico e hebreo, e cursou estudos de Literatura Antiga e Arqueoloxía na Universidade de Boloña entre 1816 e 1820,[1] aínda que estes non o conduciron á consecución de ningún título. Durante os catro anos que estivo na universidade introduciuse tamén na numismática, da man de mestres como Filippo Schiassi e Giuseppe Mezzofanti,[2][3] e a través da lectura da obra Doctrina numorm veterum de Joseph H. Eckhel.[4]

Carreira como erudito

[editar | editar a fonte]

Os profesores Schiassi e Mezzofanti recomendaron a Cavedoni para ser o conservador e o ilustrador da colección de moedas que o príncipe doara á biblioteca ducal, a Biblioteca Estense. Como resultado, o 14 de decembro de 1820 foi nomeado conservador axudante desta biblioteca e director do Museo Real, e en 1833 bibliotecario adxunto, con especial responsabilidade sobre a sección numismática e de antigüidades.[3][4] O 30 de setembro de 1847 foi ascendido ao cargo de prefecto da Biblioteca Estense e director do Real Gabinete de Medallas.[2][5]

Os seus coñecementos do idioma grego e da paleografía grega permitíronlle ler e publicar os manuscritos da Biblioteca Estense.[2]

En 1823 comezou coa súa primeira publicación numismática, e a partir de entón dedicouse por completo ao estudo das moedas antigas, o que deu lugar a varios centos de artigos e colaboracións nesta disciplina.[4] No propio 1823 comezou a súa correspondencia con Bartolomeo Borghesi, con quen colaborou ata a morte deste en 1860. [6]

Palacio dos Museos, en Módena, sede da Biblioteca Estense.

Unha das súas obras máis senlleiras, Numismatica Biblica, ossia diclnarazione delle Monete antiche memorate nelle sante scriture (Módena, 1850),[7] xunto co seu Appendice de 1855,[8] fixérono merecedor do premio de numismática da Academia de Francia.[5]

En 1830, Cavedoni foi nomeado profesor de Sagrada Escritura e lingua hebrea na Universidade de Módena, e en 1848 foi decano interino da Facultade de Teoloxía desa universidade.[2]

Así mesmo, cando o Goberno francés convocou un grupo de eruditos para ordenar a obra completa de Bartolomeo Borghesi en 1860 de cara á súa publicación, a expensas de Napoleón III, Cavedoni foi un dos poucos eruditos estranxeiros en formar parte desa comisión.[9]

Cavedoni finou en Módena o 26 de novembro de 1865, aos 71 anos.[3] Xunto co seu testamento, deixara encadernada o 5 de decembro de 1848 a súa correspondencia literaria e arqueolóxica, así como unha listaxe dos seus estudos sobre antigüidades e un exemplar da Doctrina numorum de Eckhel.[9]

Honras e entidades eruditas

[editar | editar a fonte]

Entidades das que formou parte

[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa traxectoria como erudito, Cavedoni foi membro dun bo número de entidades académicas e sociedades eruditas, entre as que cómpre salientar as seguintes (engádese o ano de ingreso):[2][10]

  • 1821. Real Academia das Ciencias, as Letras e as Artes de Módena.
  • 1834. Academia de Turín (membro de número en 1862).[11]
  • 1835. Pontificia Academia Romana de Arqueoloxía.
  • 1837. Sociedade Española de Numismática.
  • 1842. Instituto de Francia.
  • 1844. Real Academia Española de Arqueoloxía e Xeografía.
  • 1845. Academia Real das Ciencias de Berlín.
  • 1845. Real Academia das Ciencias, as Letras e as Artes de Padua.
  • 1846. Sociedade Literaria de Lión.
  • 1849. Simpemenia Rubiconia dei Filopatridi di Savignano'.
  • 1851. Ateneo das Ciencias, as Letras e as Artes de Bassano.
  • 1851. Academia Pontaniana de Nápoles.
  • 1853. Academia Spoletina.
  • 1854. Real Academia das Ciencias de Gotinga.
  • 1855. Academia Etrusca de Cortona.
  • 1858. Academia dos Quirites de Roma.
  • 1860. Deputación de Historia Patria (presidente).
  • 1861. Real Instituto Lombardo das Ciencias, as Artes e as Letras.

Honras e recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Estas son algunhas das honras recibidas por Cavedoni ao longo da súa traxectoria:[3][10]

  • 1842. Medalla de Ouro de Austria.
  • 1851: Premio Louis Allier, da Académie des Inscriptions et Belles Lettres.
  • 1852. Membro da Nobreza de Módena.
  • 1856. Cabaleiro da Real Orde da Aguia Estense.
  • 1857. Camareiro Secreto da Súa Santidade.
  • 1860. Cabaleiro da Orde Civil de Savoia.
  • 1861. Cabaleiro da Lexión de Honra.
  • 1862. Oficial da Orde dos Santos Mauricio e Lázaro.

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma da abundante obra publicada por Celestino Cavedoni ao longo da súa traxectoria:[12][13][14][15]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Luppi, C. (1891). Páxina 507.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Parente, F. (1979).
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Cesano, S, L. (1931).
  4. 4,0 4,1 4,2 Luppi, C. (1891). Páxina 508.
  5. 5,0 5,1 Luppi, C. (1891). Páxina 510.
  6. Luppi, C. (1891). Páxina 509.
  7. Véxase "(1850)" en "Publicacións".
  8. Véxase "(1855)" en "Publicacións".
  9. 9,0 9,1 Luppi, C. (1891). Páxina 513.
  10. 10,0 10,1 Bortolotti, P.; Masinelli, A. et al. (1866). Páxina 38.
  11. "Celestino Cavedoni". Accademia delle Scienze di Torino (Accademiadellescienze.it).
  12. "Lista bibliografica per ordine de date degli scritti numismatici o più importanti di Monsignor Celestino Cavedoni". Luppi, C. (1891). Páxinas 514-524.
  13. "Ouvrages et articles sul la numismatique publiés par Celestino Cavedoni". En Witte, J. de (1867). Páxinas 15-92.
  14. Bortolotti, P. "Elenco delle opere e de'minori scritti editi di Monsignor Celestino Cavedoni". En Bortolotti, P.; Masinelli, A. et al. (1866). Páxinas 52-187.
  15. "Catalogo delle opere a stampa di monsignor Celestino Cavedoni". En Cappelli, A. (1966). Páxinas 11-16.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]