Celestino Carbia Campaña
Celestino Carbia Campaña | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1898 |
Lugar de nacemento | Valga |
Falecemento | 11 de maio de 1937 |
Lugar de falecemento | Pontevedra |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Celestino Carbia Campaña, nado en Valga cara a 1898 e finado en Pontevedra o 11 de maio de 1937, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Francisco Carbia Fariña, foi fundador do Sindicato Agrario de Cordeiro e impulsor do cooperativismo. Coa ditadura de Primo de Rivera foi concelleiro de Valga a partir do 9 de marzo de 1924 xunto ao seu pai Francisco Carbia. Porén ambos dimitiron do cargo un ano despois como “protesta ante a forma en que se efectuou a segregación da freguesía de San Xulián de Requeixo para constituír o Concello de Pontecesures”. Logo das elección de 1931 foi concelleiro de Valga e tenente de alcalde. Asumiu a alcaldía ao renunciar Maximino Mosquera por problemas de saúde. Foi alcalde de Valga até 1933. Militante de Izquierda Republicana, foi reposto como alcalde despois do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e estivo preso na Illa de San Simón. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar foi condenado a pena de morte e fusilado en Pontevedra o 11 de maio de 1937. Soterrado no cemiterio de San Amaro de Pontevedra, a súa familia logrou traer os seus restos en 1977 ao cemiterio de Cordeiro.
Predecesor: Maximino Mosquera Castromán |
![]() Alcalde de Valga 1931 - 1933 |
Sucesor: ?
|
Predecesor: ? |
![]() Alcalde de Valga 1936 |
Sucesor: Andrés García Cortés
|
Querela arxentina contra os crimes do franquismo[editar | editar a fonte]
A súa familia sumouse á Querela arxentina contra os crimes do franquismo.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Redacción. "A 'querela arxentina' suma a adhesión de cinco familias". Nós Diario. Consultado o 2021-04-21.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Celestino Carbia Campaña na páxina web Nomes e Voces.
- "Alcalde, republicano, asasinado" Praza, 5/5/2016.