Celedonio Osorio Lafuente
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 17 de febreiro de 1847 Castrelo de Miño |
| Morte | 8 de febreiro de 1899 Ourense |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor |
Celedonio Osorio Lafuente, nado en Ponte Castrelo (Castrelo de Miño) o 17 de febreiro de 1847 e finado en Ourense o 8 de febreiro de 1899, foi un escritor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Defensor dos ideais católicos, foi deputado provincial en Ourense. Fundou o semanario La Nacionalidad,[1][2] xunto con Venancio Moreno Pablos e Urbano Ferreiroa Millán. Escribiu unha serie de monografías sobre os filósofos do século XIX, publicadas no semanario Soluciones Católicas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. ISBN 84-7154-227-7.
- ↑ Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega. Publicacións Periódicas II. Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.