Saltar ao contido

Ceivar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Ceivar
Imaxe
 Instancia de
 Ideoloxía política
Recoñecemento
 Premios
Premios 2N (2023) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Área de operación
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Twitter: Ceivar_OPAR Instagram: ceivar_opar Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Ceivar ou Ceivar-OPAR (siglas de Organismo Popular Anti-Represivo) é unha organización socialista e independentista galega.[1] Os seus dous obxectivos principais son o fin da represión do Estado español e a amnistía dos presos independentistas galegos.[2][3][4]

Ceivar creouse en 2003[5] como un “Organismo Popular Antirrepresivo”, co obxectivo de prestar apoio integral a presos galegos independentistas que foran condenados por motivos da súa militancia política. A súa misión incluía apoio xurídico, sanitario, económico e social. Entre 2015 e 2020, a través da chamada “Operación Jaro” (I e II) as autoridades españolas realizaron detencións e procesos xudiciais contra o movemento independentista galego, nos que 12 militantes de Ceivar e doutras organizacións como Causa Galiza foron acusados de enaltecemento do terrorismo e pertenza a organización criminal.[6]

O 22 de decembro de 2020, a Audiencia Nacional absolveu os 12 acusados de todas as imputacións de enaltecemento do terrorismo e rexeitou a disolución de Ceivar e Causa Galiza, afirmando que non se acreditou que as organizacións tivesen relación con grupos considerados terroristas nin que tivesen como fin xustificar accións violentas.[7]

  1. Àlvares, Maria (2019-11-27). Directa, ed. "L'Audiència Nacional espanyola demana 102 anys de presó per a dotze independentistes gallegues" (en catalán). Consultado o 2023-10-04. 
  2. Àlvares, Maria (2019-06-10). Directa, ed. "Els col·lectius antirepressius gallecs celebren la fi de la dispersió dels presos polítics independentistes" (en catalán). Consultado o 2023-10-04. 
  3. Àlvares, Maria (2020-11-09). Directa, ed. ""Al judici vam exposar la persecució a l'independentisme gallec"" (en catalán). Consultado o 2023-10-04. 
  4. La Voz de Galicia, ed. (2020-12-22). "Absueltos los 12 encausados de Causa Galiza y Ceivar juzgados por la Audiencia Nacional" (en castelán). Consultado o 2023-10-04. 
  5. "La Audiencia Nacional absuelve a 12 acusados de enaltecer a Resistencia Galega a través de 'Causa Galiza'y 'Ceivar'". Europa Press. 22 de decembro de 2020. Consultado o 20 de xaneiro de 2026. 
  6. "El independentismo gallego se enfrenta a 102 años de cárcel por "enaltecimiento del terrorismo"". Público. 18 de outubro de 2020. Consultado o 20 de xaneiro de 2026. 
  7. Europa Press, ed. (22 de decembro de 2020). "La Audiencia Nacional absuelve a 12 acusados de enaltecer a Resistencia Galega a través de 'Causa Galiza'y 'Ceivar'". Consultado o 20 de xaneiro de 2026. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]