Cegoñas (filme)
| Cegoñas | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Mychael Danna | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||
Cegoñas (en inglés: Storks) é un filme estadounidense de 2016 producido por Warner Animation Group e distribuído por Warner Bros. Foi dirixido por Nicholas Stoller e Doug Sweetland, escrito por Stoller e está protagonizado polas voces de Andy Samberg, Katie Crown, Kelsey Grammer, Jennifer Aniston, Ty Burrell, Keegan-Michael Key, Jordan Peele, Stephen Kramer Glickman e Danny Trejo.
O filme conta a historia dunha cegoña (Junior) e a súa compañeira humana (Tulip), que traballan no centro de distribución dunha enorme tenda en liña, Cornerstore.com, situada no alto das montañas. Despois de que un neno envía unha carta á empresa, os dous crean accidentalmente unha bebé usando a desaparecida fábrica de bebés que as cegoñas usaran anteriormente no seu negocio orixinal de facer entregas de bebés. Co fin de protexer ao bebé do xerente da empresa e garantir o ascenso de Junior para sucederlo, os dous emprenden unha viaxe para entregar o bebé á familia do neno.
Cegoñas estreouse nos Ánxeles o 17 de setembro de 2016, e estreouse seis días despois en 3D, IMAX e formatos convencionais.[1] O filme recibiu críticas dispares por parte da crítica, que eloxiou a animación, o humor e a actuación de voz, mais criticaron o guión. Gañou 183 millóns de dólares en todo o mundo fronte a un orzamento de 70 millóns de dólares.
Estreouse en galego o 1 de xaneiro de 2022 a través da TVG,[2] e foi traducido por Andrea Ucha Bouzada.[3] Estreouse tamén o 6 de xaneiro de 2025 a través da plataforma dixital AGalega.[4]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Andy Samberg como Junior
- Voz da dobraxe galega de Óscar Fernández.[3]
- Katie Crown como Tulip
- Kelsey Grammer como Hunter
- Jennifer Aniston como Sarah Gardner
- Ty Burrell como Henry Gardner
- Anton Starkman como Nate Gardner
- Keegan-Michael Key como Alpha
- Jordan Peele como Beta
- Danny Trejo como Jasper
- Stephen Kramer Glickman como Pigeon Toady
- Christopher Nicholas Smith como Dougland
- Awkwafina como Quail
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Storks". IMAX. Consultado o 19 de outubro de 2016.
- ↑ @manuelarcatrad (ed.). "Cegoñas na TVG". Consultado o 28 de abril de 2022.
- 1 2 3 @Cinemarfilms (ed.). "Dobraxe de Cegoñas na TVG". Consultado o 28 de abril de 2022.
- ↑ @DobraxeGalega (ed.). "Mañá chegan unhas #Cegoñas, pero a ningún campanario, van aniñar en xabarin.gal e poderás velas, de balde e sen publicidade, aquí mesmiño". Consultado o 16 de xaneiro de 2025.