Cedros de Deus
| Tipo | bosque | |||
|---|---|---|---|---|
| Parte de | Ouadi Qadisha (the Holy Valley) and the Forest of the Cedars of God (Horsh Arz el-Rab) (en) | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Bsharri, Líbano e Zgharta (distrito), Líbano (pt) | |||
| ||||
| Características | ||||
| Superficie | Patrimonio da Humanidade: 10,2 ha zona de protección: 646 ha | |||
| Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
| Data | 1998 (22ª Sesión) | |||
| Identificador | 850-002 | |||
Os Cedros de Deus (árabe أرز الربّ transliteración Arz el-Rab literal Cedros do Señor) son un bosque no Val de Kadisha de Bsharre, Líbano. É un vestixio dos extensos bosques de cedro do Líbano que prosperaban no Monte Líbano na antigüidade. Os relatos dos viaxeiros da época moderna sobre os cedros salvaxes parecen referirse aos de Bsharri;[1] o Os monxes cristiáns dos mosteiros do Val de Kadisha veneraron as árbores durante séculos. As primeiras referencias documentadas dos Cedros de Deus atópanse nas Tabuletas 4–6 da Epopea de Gilgamesh.
Os fenicios, os israelitas, os antigos exipto, os asirios, os babilonios, os persas, os romanos, os árabes e os turcos empregaban madeira libanesa. Os exipcios valorábana para a construción naval e, no Imperio otomán, a madeira empregábase para construír ferrocarrís.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]Historia antiga
[editar | editar a fonte]As montañas do Líbano estiveron noutro tempo á sombra de densos bosques de cedros. Tras séculos de persistente deforestación, a área forestal reduciuse notablemente.[3]
Unha vez díxose que se produciu unha batalla entre os semideuses e os humanos polo fermoso e divino bosque de cedros preto do sur de Mesopotamia.[4] Este bosque, outrora protexido polo deus sumerio Enlil, quedou completamente desposuído das súas árbores cando os humanos entraron nel hai 4700 anos, despois de gañar a batalla contra os gardiáns do bosque, os semideuses.[4] A historia tamén conta que Gilgamesh usou madeira de cedro para construír a súa cidade.
Ao longo dos séculos, a madeira de cedro foi explotada polos fenicios, exipcios, israelitas, asirios, babilonios, persas, romanos, árabes e turcos.[3][4] Os fenicios usaban os cedros para as súas frotas mercantes. Necesitaban madeira para os seus barcos e os cedros convertéronos na "primeira nación comercial marítima do mundo".[5] Os exipcios usaban resina de cedro para o proceso de momificación e madeira de cedro para algúns dos "seus primeiros rolos de papiro con xeroglíficos".[5] Na Biblia, Salomón conseguiu madeira de cedro para construír o Templo de Xerusalén.[6] O Bosque de Cedros da antiga relixión mesopotámica aparece en varias seccións da Epopea de Gilgamesh.[7] O cedro do Líbano menciónase 103 veces na Biblia.[8][9][10] No texto hebreo chámase ארז e no texto grego (LXX) chámase κέδρου. Por exemplo, en Zacarías hai o verso "Abre as túas portas, Líbano, para que o lume devore os teus cedros. Ouvea, abeto, porque caeu o cedro, porque os poderosos foron despoxados. Ouvead, carballos de Basán, porque o bosque da cosecha chegou."[11]
Historia moderna temperá
[editar | editar a fonte]
Os relatos dos viaxeiros da época moderna temperá sobre os cedros salvaxes do Líbano parecen referirse aos cedros de Bsharri.[1] Pierre Belon visitou a zona en 1550, converténdose no primeiro viaxeiro moderno en identificar os Cedros de Deus nas súas Observacións.[12] Belon contou 28 árbores:
A unha altura considerable nas montañas, o viaxeiro chega ao Mosteiro da Virxe María, que está situado no val. De alí, avanzando catro millas montaña arriba, chegará aos cedros, aos maronitas ou aos monxes que actúan como guías. Os cedros atópanse nun val e non no cumio da montaña, e suponse que ascenden a 28 en número, aínda que é difícil contalos, xa que están a uns poucos pasos de distancia entre si. O arcebispo de Damasco intentou demostrar que son os mesmos que Salomón plantou coas súas propias mans ao xeito do quincunce tal como están agora. Ningunha outra árbore medra no val no que están situados e xeralmente está tan cuberto de neve que só é accesible no verán..[13]
Leonhard Rauwolf seguiu en 1573–75, contando 24 árbores:
... non vin nada máis alto, senón só un pequeno outeiro diante de nós, todo cuberto de neve, ao pé do cal se erguían os altos cedros... E, aínda que este outeiro, en épocas pasadas, estivo completamente cuberto de cedros, desde entón diminuíron tanto que non puiden dicir máis que vinte e catro que se erguían arredor nun círculo e outros dous, cuxas pólas estaban bastante podres pola idade. Tamén fun por este lugar para buscar árbores novas, pero non puiden atopar ningunha.[14]
Jean de Thévenot contou 23 árbores en 1655:
É unha parvada dicir que se alguén conta os cedros do Monte Líbano dúas veces, terá un número diferente, xa que en total, grandes e pequenos, non hai nin máis nin menos de vintetrés.[15]
Laurent d'Arvieux en 1660 contou 20 árbores,[16] e Henry Maundrell en 1697 contáron 16 árbores do tipo "moi antigo":
Domingo, 9 de maio. As nobres árbores [cedro]s medran entre a neve preto da parte máis alta do Líbano e son notables tanto pola súa propia idade e tamaño, como polas frecuentes alusións que se lles fan na palabra de Deus. Aquí tes algunhas delas moi antigas e de prodixiosa corpulencia e outras máis novas de menor tamaño. Das primeiras só puiden contar dezaseis, e as segundas son moi numerosas. Medin unha das máis grandes e atopei que tiña 11´12 metros de cinto, e aínda así ssanos, e 33´8 metros na extensión das súas pólas. A unhas 4´5 ou 5´5 metros do chan, estaba dividida en cinco pólas, cada unha das cales era igual a unha gran árbore.[17]
Jean de la Roque en 1722 atopou 20 árbores.[18] En 1738 Richard Pococke proporcionou unha descrición detallada.
... forman unha arboreda duns dous quilómetros de circunferencia, que consiste en algúns cedros grandes que están preto uns dos outros, un gran número de cedros novos e algúns piñeiros. Os grandes cedros, a certa distancia, parecen carballos moi grandes e estendidos, os corpos das árbores son curtos, dividíndose na parte inferior en tres ou catro pólas, algunhas das cales crecendo xuntas durante uns 3 metros, parecen algo así como esas columnas góticas, que parecen estar compostas por varios piares, máis arriba comezan a estenderse horizontalmente. Un que tiña o corpo máis redondo, aínda que non o máis grande, medía 7´30 metros de circunferencia, e outro cunha especie de corpo triplo, como se describiu anteriormente, e dunha figura triangular, medía 3´6 metros de cada lado. Os cedros novos non se distinguen facilmente dos piñeiros, observei que dan unha maior cantidade de froitos que os grandes. ... hai quince grandes en pé. Os cristiáns das diversas denominacións preto deste lugar veñen aquí para celebrar a festa da transfiguración e construíron altares contra varias das árbores grandes, nas que administran o sacramento. Estas árbores están a aproximadamente 800 metrod ao norte da estrada, á que volvemos...[19]

A partir do século XIX, o número de escritores que rexistraron as súas visitas aumentou substancialmente, e o número de cedros contados polos escritores foi de centos.[20] Alphonse de Lamartine visitou o lugar durante a súa viaxe polo Líbano (1832–33), mencionando os cedros nalgúns textos. En 1871, Edward Henry Palmer do Fondo de Exploración de Palestina describiu os cedros do seguinte xeito:[21]
Descendendo por un empinado camiño en zigzag ata os cedros, plantamos o noso campamento e procedemos a examinar o sagrado e recoñecido bosque, e non puidemos reprimir unha sensación de decepción pola súa pequena extensión e o aspecto insignificante das árbores. Consisten nun pequeno grupo de árbores de crecemento relativamente moderno, non máis de nove delas mostran algún indicio dunha antigüidade respectable e cobren só uns 1´2 ha de terreo. Atópanse nunha crista que consiste en cinco montículos e dous esporóns que se estenden case cara ao leste e ao oeste, como no plano adxunto. Estimamos o número total de árbores en arredor de 355 o seu tamaño tamén foi enormemente esaxerado, xa que ningunha delas supera os 24 metros de altura. O chan está cuberto de cascallos de cedro e pedra calcaria branca... As árbores podáronse e maltratáronse doutros xeitos... Son exemplares escasos e ralos, e non son nin a metade de bos que se poden ver en moitos parques ingleses.
A preocupación pola protección dos "cedros de Deus" bíblicos remóntase a 1876, cando o arboredo de 102 ha estaba rodeado por un alto muro de pedra, pagado por Augusta Vitoria de Schleswig-Holstein para protexer as árbores novas do pastoreo das cabras.[2] Porén, durante a primeira guerra mundial, as tropas británicas usaron cedro para construír ferrocarrís.[5]
Historia moderna
[editar | editar a fonte]Henry Bordeaux visitou o Líbano en 1922 e escribiu "Yamilé sous les cèdres" (Yamilé baixo os cedros), unha historia sobre unha moza cristiá que se namora a pesar dos desexos da súa familia. Morre dun disparo debaixo dun cedro.[22] Charles d'Espinay fixo unha película en 1939 sobre a historia.[23]
O tempo, xunto coa explotación da madeira e os efectos do cambio climático, provocaron unha diminución do número de cedros no Líbano.[24] Non obstante, o Líbano aínda é amplamente coñecido pola súa historia de cedros, xa que son o emblema do país e o símbolo da bandeira libanesa.[6] As árbores restantes sobreviven en zonas montañosas, onde son a especie arbórea dominante. Este é o caso das ladeiras do monte Makmel que se elevan sobre o val de Kadisha, onde os cedros de Deus se atopan a unha altitude de máis de 2000 m. Catro árbores alcanzaron unha altura de 35 m, cos seus troncos que chegan aos 12 - 14 m.[2]
En 1998, os Cedros de Deus engadíronse á lista da UNESCO do Patrimonio da Humanidade.[25] O bosque está rigorosamente protexido. É posible percorrelo se se vai acompañado por un guía autorizado. Tras unha fase preliminar na que se limpou o terreo de detritos, se trataron as plantas enfermas e se fertilizou o chan, o "Comité dos Amigos do Bosque de Cedros" iniciou un programa de reforestación en 1985.[26] O Comité plantou 200.000 cedros, dos cales sobreviviron 180.000.[27]
Galería
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- 1 2 Hepper 2001, p. 96.
- 1 2 3 "The Cedars". middleeast.com. Consultado o 19 de xullo de 2016.
- 1 2 "Cedars for Ever". Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2015. Consultado o 19 de xullo de 2016.
- 1 2 3 "Lebanon Cedar – Cedrus libani". Consultado o 19 de xullo de 2016.
- 1 2 3 "Tourism @ Lebanon.com". Consultado o 19 de xullo de 2016.
- 1 2 "Welcome to Our Lady Of Lebanon Maronite Church's Homepage". Arquivado dende o orixinal o 2009-06-02. Consultado o 19 de xullo de 2016.
- ↑ "The Epic of Gilgamesh: Themes". SparkNotes (en inglés). Consultado o 2023-08-01.
- ↑ UNESCO "the Forest of the Cedars of God is the last vestige of antique forests and one of the rare sites where the Cedrus lebani still grows, one of the most valued construction materials in the antique world and cited 103 times in the Bible."
- ↑ Balfour, Thomas Hutton (2015) [1st pub. 1885]. "Cedar-tree of Lebanon (Cedrus libani)". The Plants of the Bible. London, England: Thomas Nelson and Sons. pp. 21–27. ISBN 978-1-4400-8073-9.
- ↑ Moore, Megan Bishop (2000). "Cedar". En David Noel Freedman. Eerdmans Dictionary of the Bible. Wm. B. Eerdmans Publishing. p. 227. ISBN 978-90-5356-503-2.
- ↑ Zechariah 11:1-3.
- ↑ Hepper 2001, p. 96-97.
- ↑ P. Belon, De Arboribus Coniferis. 1553, p. 4, quoted by J. C. Loudon, Arboretum and Fruticetum. London, 1844, vol. 4, p. 2409.
- ↑ K.H. Dannenfeldt, Leonhard Rauwolf: Sixteenth Century Physician, Botanist and Traveler, Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press, 1970.
- ↑ Jean de Thévenot, Voyage du Levant, parte 1, pp. 221, 443 (1664).
- ↑ Levantine Adventurer: The Travels and Missions of the Chevalier d'Arvieux 1653–1697.
- ↑ H. Maundrell, A journey from Aleppo to Jerusalem at Easter A.D. 1697, reprinted Beirut: Khayats 1963, p. 191; also 6th ed. Oxford, 1740, p. 142.
- ↑ De La Roque, J., Voyage de Syrie et du Mont Liban, quoted in Gentleman's Magazine, 2nd series, vol. 4, p. 578.
- ↑ Richard Pococke, Observations on Palestine or the Holy Land, Syria, Mesopotamia, Cyprus and Candia, Vol. 2, pp. 104–105, 1745, London, England: W. Bowyer.
- ↑ Hepper 2001, p. 100-105.
- ↑ Palmer, Edward Henry (1871). "Notes of a Tour in the Lebanon". Palestine Exploration Fund Quarterly Statement (Palestine exploration fund): 106. Consultado o 2022-12-18.
- ↑ "Evolution of M. Henry Bordeau". The New York Times. 29 de xuño de 1924. Consultado o 23 de setembro de 2025.
- ↑ Kennedy-Karpat, Colleen Bevin (2011). Empire and Expticism in French Fiction Cinema (PDF). pp. 151–157.[Ligazón morta]
- ↑ Sherlock, Ruth (22 de novembro de 2020). "Climate Change Closes in on Lebanon's Iconic Cedar Trees". NPR.org.
- ↑ Centre, UNESCO World Heritage. "UNESCO World Heritage Committee Adds 30 Sites to World Heritage List". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 2023-08-01.
- ↑ "Committee of Friends of Arz (Cedar) Forest". Lebanon Biodiversity. Consultado o 2023-08-01.
- ↑ Chehayeb, Kareem (8 de decembro de 2023). "Lebanon's Christians feel the heat of climate change in its sacred forest and valley". Earthbeat, National Catholic Reporter. Consultado o 24 de decembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cedros de Deus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hepper, F. Nigel (2001). "The Bsharré Cedars of Lebanon as seen by Travellers" (PDF). Archaeology & History in Lebanon (14): 96–105. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2023-09-12. Consultado o 2019-10-13. Parámetro descoñecido
|url-status=ignorado (Axuda) - Aiello, Anthony S., and Michael S. Dosmann. "The quest for the Hardy Cedar-of-lebanon. Arquivado 2023-03-29 en Wayback Machine.." Arnoldia: The magazine of the Arnold Arboretum 65.1 (2007): 26–35.
- Anderson, Mary Perle. "The Cedar of Lebanon." Torreya, vol. 8, no. 12, 1908, pp. 287–292. JSTOR, www.jstor.org/stable/40594656.
