Saltar ao contido

Ceca de Barskunes

Ceca de Barskunes
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Produto ou servizo
Datas
 Período
Cifras e dimensións
 Diámetro
   23 mm Editar o valor en Wikidata
 Masa
   3,86 g Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
 Coordenadas
Wikidata C:Commons

Barskunes (ba1ŕ3ś1ku2n102e1s1) ou Baskunes (ba1ś1ku2n102e1s1) é o nome dunha ceca situada no norte da Península Ibérica e activa a partir de finais do século II a. C. e durante o I a. C.,[1] dentro do coñecido como "grupo pirenaico" ou tamén "grupo navarro", composto por numerosas cecas caracterizadas por usaren o mesmo escrita ibérica levantina que a área celtibérica.

Localización da ceca

[editar | editar a fonte]

A proposta tradicional, desde o século XIX, é identificar a cidade emisora con Pompaelo (Pamplona),[2][3] en tanto que outros autores, pola contra, apuntan cara a Rocaforte, xunto a Sangüesa.[4] Ambas as teses situarían a ceca dentro da área nuclear dos Vascóns. Unha terceira tendencia de propostas sitúa a ceca de Ba(r)skunes no poboado de La Custodia, en Viana, por mor do importante número de moedas (52 exemplares) achados naquel depósito, á espera de que unhas rigorosas escavacións aclaren se a rexión estaba ocupada por Vascóns ou Beróns.[5]

O topónimo nas variantes "Barskunes" ou "Bascunes" en caracteres ibéricos, tal como aparece nas moedas.

Os traballos máis recentes tenden a situar a ceca nalgún lugar próximo ao Ebro, xa que a arqueoloxía non sacou á luz máis que pequenos asentamentos. A partir dunha investigación de I. Rodríguez Casanova publicada en 2010 insístese na proposta de La Custodia, no termo municipal de Viana.[6]

Para o lingüista vasco Joaquín Gorrochategui, da Universidade do País Vasco, a controversia sobre unha identificación coa palabra vascones ("vascóns") foi superada pola confirmación da súa filiación co mundo celtibérico.[7]

Tipoloxía das moedas

[editar | editar a fonte]

As moedas son denarios de tipoloxía ibérica,[8] xunto con ases cunha arte máis variada e bruta. Os denarios levan no anverso unha cabeza viril, con barba, e no reverso un xinete con espada curta e a lenda Baskunes/Barkcunes. Algúns exemplares amosan tamén inscrición no anverso. Os maiores depósitos destas moedas apareceron en Viana, Alagón e Tafalla, e en Pamplona só tres, aínda que iso pode ser accidental e non concluínte.[9]

  1. "Cecas vasconas: Baskunes/Barskunes". Tesorillo.com
  2. Jusué Simonena, C. (1996). Páxina 34.
  3. José María Blázquez, citando a Antonio Tovar, que «quizais a ceca de Barskunes sexa Pompaelo». Véxase Blázquez, J. M. (1966). "Los vascos y sus vecinos en las fuentes literarias griegas y romanas de la Antigüedad". En Problemas de la Prehistoria y de la Etnología vascas. 177-206.
  4. Alicia M. Canto, sen descartar completamente Pompaelo, suxire Rocaforte porque, entre outras razóns, en 924 d. C. os árabes denominan o su paso Fayy al-Baskuns ("o paso dos Vascón") e a poboación ao pé del Baskunsa; segundo ela, esta era a "ruta obrigada para ol acceso desde o SL a Pamplona e o saltus, logo de pasar Sangüesa". Véxase: Canto, A. M. (1997).
  5. Labeaga Mendiola, J. C.; Espinosa Ruiz, U. (1999). Páxina 171.
  6. Rodríguez Casanova, I. (2009). "Nuevos datos sobre el tesoro celtibérico de Monte Lejarza-Larrabezúa (Vizcaya)". En Zephyrus: Revista de prehistoria y arqueología. Nº 63. Páxinas 135-154.
  7. Gorrochategui Churruca, J. (2000).
  8. De Guadán, A. M. (1969). Páxina 203 e figuras 362-367.
  9. Canto, A. M. (1997).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Blanco Freijeiro, A. (1988). Historias del viejo mundo Nº 1 (Historia 16). Los primeros españoles. ISBN 84-7679-101-1
  • Jusué Simonena, C. (1996). "Primitivas muestras monetales". En Signos de identidad histórica para Navarra. 1. Páxinas 139-144. Caja de Ahorros de Navarra. ISBN 978-84-87120-30-5
  • Gil Farrés, O. (1959). Historia de la moneda española. Diana, Madrid.
  • Labeaga Mendiola, J. C.; Espinosa Ruiz, U. (1999). La Custodia, Viana, Vareia de los Berones [Trabajos de arqueología Navarra, 14].Institución Príncipe de Viana. Páxina 171. ISSN 0211-5174
  • Mateu i Llopis, F. (1946-a-). La moneda española (breve historia monetaria de España). Alberto Martín, Barcelona.
  • Mateu i Llopis, F. (1946-b-). Glosario hispánico de numismática. Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
  • Villaronga i Garriga, L. (1987). "Emisiones ibéricas del interior". En Numismática antigua de Hispania: iniciación a su estudio (2ª ed.). CYMYS. Páxinas 167-206. ISBN 9788485060443

Outros artigos

[editar | editar a fonte]