Cazuín, Feás, Aranga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cazuín
ParroquiaFeás
ConcelloAranga
Coordenadas43°13′49″N 8°04′23″O / 43.2304, -8.0731Coordenadas: 43°13′49″N 8°04′23″O / 43.2304, -8.0731
Poboación3 hab. (2017)
editar datos en Wikidata ]

Cazuín é un lugar da parroquia de Feás no concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Tiña 7 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 4 eran homes e 3 eran mulleres.

Historia[editar | editar a fonte]

Existen referencias documentais sobre o lugar de Cazuín dende 1206, como recolle un documento do mosteiro de Sobrado dos Monxes, que cita: "in Benadi et in Fenaes et in Guistrimir et in Sancto Petro de Cazuin et in Francimir"[1]. Ao ir acompañado o nome de Cazuín do dun santo ("Sancto Petro") que corresponde coa actual advocación parroquial (San Pedro de Feás), pode deducirse que nese momento a sé parroquial estaba localizada alí e non en Feás, coma na actualidade, xa que, ademais, o nome destoutro lugar non aparece acompañado de ningún haxiónimo.

Cazuín na cultura popular[editar | editar a fonte]

  • Na miña vida tal vin, / na feira de Cazuín, / unha cabra cunha roca / e un castrón cun violín.[2]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Feás[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Feás no concello coruñés de Aranga

A Anta | A Aturela | A Caropa | Cazuín | O Couto | Flores | A Fonte | O Fontelo | Framonce | A Lagoa | Ribadevila | A Torre | O Torreiro

Parroquias de Aranga[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Aranga

Aranga (San Paio) | Cambás (San Pedro) | Feás (San Pedro) | Muniferral (San Cristovo) | San Vicente de Fervenzas (San Vicente) | Vilarraso (San Lourenzo)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Costa, M. (2 maio, 2009). Castromil e Cristimil [Web Blog Post]. Recuperado de http://frornarea.blogspot.com.es/2009/05/castromil-e-cristimil.html
  2. Castro Santamariña, Manuel (2013). Cancioneiro das terras de Aranga. Deputación da Coruña. p. 104. ISBN 978-84-9812-210-7.