Cavitación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Modelo de propulsor xerando a cavitación.

Cando un líquido flúe ao través dunha rexión onde a presión é menor ca súa presión de vapor, o líquido ferve e forma burbullas de vapor.

Estas burbullas transpórtaas o líquido ata chegar a unha rexión de maior presión, na que o vapor regresa ó estado líquido de súbito, implosionando ("esmagándose") bruscamente as burbullas. Este fenómeno chámase cavitación.

Se as burbullas de vapor se atopan próximas ou en contacto cunha parede sólida cando cambian de estado, as forzas exercidas polo líquido ó esmagar a cavidade deixada polo vapor dan lugar a presións localizadas moi altas, ocasionando picaduras sobre a superficie sólida.

O fenómeno xeralmente vai acompañado de ruído e vibracións, dando a impresión de que se tratara de grava que golpea nas diferentes partes da máquina.