Cats and Monkeys

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cats and Monkeys
OrixeLugo, Galiza
Período2009 - actualidade
Xénero(s)acid-jazz
MembrosToño Otero
Iván Reija
Adrián Lage
Adrián Arias
Nuno André
Óscar Liz
Borja ''Topo'' García
Antigos membrosNo González
Javi Chu Fernández
Saulo Sause
Na rede
facebook.com/catsandmonkeys

Cats and Monkeys formouse en Lugo en 2009, a partir de membros de bandas de estilos diversos coma Mowgli, Ocean's Garden, Moondogs Blues Party ou Skarallaos, que xa tiñan unha certa traxectoria musical ás súas costas.

Atoparon o nexo de unión das súas inquedanzas musicais no funk, o soul e o rock. Tras engadir varios membros á formación acadaron unha grande banda de baile de 10 músicos, dos cales hoxe permanecen 7. O seu repertorio baseábase en clásicos da música negra americana dos 60 e 70 alimentados polas sonoridades do rock e o jazz, estilos que xa viñan cultivando dende antes de formar o grupo.

 Actualmente o seu estilo está orientado ao soul moderno e o acid-jazz con matices experimentáis. A meirande parte do repertorio é de creación propia, incorporando tamén algún que outro arranxo bastante persoal de temas doutros compositores.

 Levan tocado por toda a xeografía galega tanto en xiras autoproducidas coma en circuítos coma a Rede Galega de Música ao Vivo. Gravaron vídeos documentais para o programa "En Rede", emitido en TVG, e para a produtora pontevedresa Reflex, no formato de vivo en estudio "Live on Litium". Tamén estiveron presentes en varios festiváis coma o SanFroidance (Lugo), en 2010 e 2011, o Zero Rock (Caldas) ou o Festival de Jazz Vila de Foz, na Mariña luguesa, no cal foron premiados. Tamén no 2015 foron galardoados nos II Premios Galegos da Música Martín Códax, na categoría de Blues, Funk e Soul.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]