Catorra de Kramer
| Catorra de Kramer | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||
| 'Psittacula krameri' Scopoli, 1769 | |||||||||||||||
A catorra de Kramer[2] (Psittacula krameri) é unha especie de ave psitaciforme da familia Psittaculidae orixinaria de África e do sur de Asia. É empregada como ave de gaiola. Está amplamente distribuída por outras partes do mundo debido a escapes e soltas.[3]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome do xénero, Psittacula, é un diminutivo do latín psittacus, 'papagaio'. O epíteto krameri é unha homenaxe ao naturalista austríaco Wilhelm Heinrich Kramer, por iso o seu nome común é catorra de Kramer.
Descrición e comportamento
[editar | editar a fonte]
A cotorra de Kramer posúe dimorfismo sexual, a diferenza doutros tipos de catorras. Así pois, os machos adultos locen un anel no pescozo de cor rosa e negra, mentres que as femias e os novos non mostran aneis no pescozo ou, de o ter, dunha cor cinsenta.
Ambos os sexos teñen unha cor verde distintiva na natureza. Os criados en cativerio teñen múltiples mutacións de cor: azul, amarela, branca, rosa, canela etc. Estas catorras miden uns 40 cm de longo, incluídas as plumas da cola, unha gran parte da súa lonxitude total. A súa lonxitude media de á única é de aproximadamente 15 a 17,5 cm.
En estado salvaxe, produce sons inconfundibles. Pode aprender a imitar algunhas palabras, pero non ten excelente capacidade de imitar como outros papagaios. Tanto os machos como as femias teñen a capacidade de imitar a fala humana. Primeiro, a cotorra escoita a súa contorna e logo copia a voz do falante humano. Algunhas persoas críanas á man con papa para este propósito. Os devanditos papagaios vólvense bastante mansos e receptivos á aprendizaxe.

Distribución
[editar | editar a fonte]Orixinalmente distribuíase na India, Paquistán, Sri Lanka, Nepal e África, entre outros. Non migra.
Desde o século XIX, a cotorra de Kramer colonizou con éxito moitos outros países. Reprodúcese máis ao norte que calquera outra especie de catorra. Estableceuse a gran escala en Alemaña, Francia, Bélxica, os Países Baixos, Italia e, especialmente, o Reino Unido. Actualmente, debido a unha solta incontrolada, é unha praga na cidade de Sevilla en España.
Alimentación
[editar | editar a fonte]Na natureza, as cotorras de Kramer xeralmente aliméntanse de gromos, froitas, verduras, noces, bagas e sementes. As bandadas salvaxes tamén voan varias millas para buscar alimento en hortos, causando grandes danos aos cultivos agrícolas. As cotorras salvaxes visitan regularmente os xardíns e outros lugares preto da habitación humana e toman comida de comedeiros para aves.
Na India, aliméntanse de grans de cereal, e durante o inverno tamén de Cajanus cajan. En Exipto, durante a primavera, aliméntanse de moreiras. No verán aliméntanse de dátiles, aniñan dentro das palmeiras e comen dos campos de xirasol e de millo.
Reprodución
[editar | editar a fonte]
No noroeste da India, as catorras de Kramer forman parellas de setembro a decembro. Non teñen compañeiros de vida e, a miúdo, reprodúcense con outra parella durante a seguinte tempada de reprodución. Durante esta estación fría, seleccionan e defenden os sitios de aniñación, de modo que evitan así a competencia polos sitios con outras aves. Alimentarse con cultivos de chícharos de inverno proporciónalle á femia os nutrientes necesarios para a produción de ovos. A femia pon de dous a seis ovos e incúbaos ela, xa que o macho raras veces participa na incubación. Aproximadamente aos 23 días nacen os pichóns, que de abril a xuño son coidados e alimentados polos seus pais. Os pichóns deixan o niño antes da tempada do monzón.
Subespecies
[editar | editar a fonte]Recoñécense catro subespecies, dúas de cada unha agrupadas nun continente distinto:
Subespecies africanas
[editar | editar a fonte]Subespecies asiáticas
[editar | editar a fonte]Especie invasora
[editar | editar a fonte]Debido ao seu potencial colonizador e a constituír unha ameaza grave para as especies autóctonas, os hábitats ou os ecosistemas, esta especie foi incluída no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, regulado polo Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto. Polo tanto, está prohibida en España a súa introdución no medio natural, posesión, transporte, tráfico e comercio.[4]
A Xunta de Galicia tamén a considera unha especie invasora en Galicia. Nesta comunidade atópase principalmente na provincia de Pontevedra e na cidade da Coruña.[5][6]
A Comunidade de Madrid, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, no artigo 22, da Orde 1613/2013, de 25 de xuño, establece o permiso regulado para a captura e morte de calquera exemplar de cotorra de Kramer (Psittacula krameri) e de cotorra arxentina (Myiopsitta monachus), durante a práctica de calquera actividade cinexética autorizada, durante os períodos hábiles de caza. Ademais, faculta a todos os municipios da Comunidade de Madrid para establecer mecanismos de control das especies de fauna declaradas como exóticas invasoras, dado que supoñen un risco para algunhas especies autóctonas, especialmente o nóctulo grande, ao que esta ave expulsa dos seus refuxios nas cavidades dos troncos.[7][8]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Catorra de Kramer amarela.
-
Catorra de Kramer azul.
-
Catorra de Kramer en Alemaña.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2025-01-02.
- ↑ "Quieren acabar con las cotorras" "20minutos.es". 4 de xuño de 2008. Consultado o 18 de abril de 2010.[Ligazón morta]
- ↑ "Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto, por el que se regula el Catálogo español de especies exóticas invasoras.". Boletín Oficial del Estado.
- ↑ "Catorra de Kramer". Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. Xunta de Galicia. Consultado o 02/01/2024.
- ↑ del Moral, Juan Carlos; Somoza, A.; Muñoz, A. R.; Molina, B. (2017). La cotorra de Kramer en España, población reproductora en 2015 y método de censo. Madrid: SEO/BirdLife. doi:10.31170/0058.
- ↑ Comunidad de Madrid (15 de xullo de 2013). Comunidad de Madrid, ed. "BOLETÍN OFICIAL DE LA COMUNIDAD DE MADRID". Boletín oficial de la comunidad de Madrid (en español). Madrid. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 15 de xullo de 2013.
- ↑ "A la caza de cotorras". Consultado o 23 de setembro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Catorra de Kramer |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Catorra de Kramer |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xeno-canto. Psittacula krameri. Canto.