Catopuma temminckii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Catopuma temminckii é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos félidos, subfamilia dos felinos, unha das dúas que integran o xénero Catopuma.

Características[editar | editar a fonte]

É de mediano tamaño. Mide 90 cm de lonxitude de cabeza e tronco, máis 50 cm da cola, e pesa de 12 a 16 kg. Os machos son máis grandes que as femias.

En catividade pode vivir 20 anos, pero en estado salvaxe bastante menos.

Catopuma temminckii é notabelmente polimórfico na súa pelaxe. A cor máis común da súa capa é dourada ou parda avermellada (semellante á do raposo), pero tamén pode ser parda escura ou incluso gris. Normalmente a pelaxe é uniforme, agás no ventre, que pode presentar algunhas manchas. Porén, na China hai unha variante de cor con manchas parecidas ás do leopardo. Este manchado é un carácter recesivo, e cando se cruzan un indiviuo manchado cun liso, o cachorro aparece liso. Reistráronse individuos melánicos, que poden seren predominantes nalgunas zonas da súa área de dispersión. Tamén hai unha forma manchada, denominada "forma ocelote", debido ás súas rosetas similares ás do ocelote.[1]

As características máis distintivas son as liñas brancas bordeadas de pardo escuro a negro que prercorren as meixelas, desde as fosas nasais até o bordo interno dos ollos. As orellas, arredondadas, teñen a parte postreior negra cunha mancha gris. O peito, o abdome e a parte interna da parte superior das patas son de cor branca con manchas claras. As patas e a cola son de cor de gris a negra nos extremos distais. A metade terminal da cola é branca na parte inferior e a miúdo se presenta co extremo curvado dorsalmente.[1]

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

A especie vive no Sueste asiático: o Tíbet, Nepal, sur da China, a India e Sumatra. Prefire hábitats selváticos con áreas rochosas, especialmente en bosques húmidos de árbores de folla perenne tropicais e subtropicais, bosques mixtos de árbores de folla perenne e bosques secos de árbores folla caduca. Ocasionalmente tense encontrado en terreos abertos, con arbustos ou pasteiros, ou en áreas rochosas abertas, e en paisaxes forestais degradados ou fragmentados. Rexistrouse unha femia en Sumatra fóra dunha área protexida en fragmentos remanentes de bosque situados entre plantacións de café.[1]

Ten unha ampla variación altitudinal. A especie foi documentada en elevacións de até 3 960 msnm na Reserva da Biosfera Khangchendzonga Sikkim, na India, a 3 738 m no Parque Nacional Jigme Sigye Wangchuk en Bután, a 2 896 m en Trongsa, e a 3 900 m en Wangduephodrang. Porén, nalgunas áreas parece ser máis común nos bosques de terras baixas. No Parque Nacional Kerinci Seblat en Sumatra, só foi rexistrado por cámaras trampa en elevacións baixas.[1]

Conduta[editar | editar a fonte]

Non se coñecen moito os costumes deste esquivo depredador, e a maioría dos seus hábitos observáronse en catividade. Diversas observacións suxiren que é principalmente nocturno, pero recentes estudos en dous espécimes mostran patróns arrítmicos de actividade.[2] Pénsase que é solitario. Vocaliza moito, pode sesear, gorgolexar e gruñir. Outros métodos de comunicación observados en cativerio son as marcas de urina, raiado de árbores, e no fregado da súa cabeza contra varios obxectos.[Cómpre referencia]

Hábitos de caza[editar | editar a fonte]

Prefiere cazar no solo, pero non desbota gabear para capturar presas. Cando caza, adopta as típicas posicións dun felino. Aliméntase de aves, lebres, lagartos, roedores e outros pequenos mamíferos e, ocasionalmente, de cervos xuvenís, e cresee que se adapta moito a cambios na dieta. Poden cazar en parella cando perseguen animais grandes. En cativerio, quítanlle as plumas a grandes aves antes de comelas. Hai rexistros de actividade preeira, unha conduta non comunmente vista en felinos. Raramente, caza cerca de asentamentos humanos ou gando.[Cómpre referencia]

Especies Malaisia
Langur escuro 5,3 %
Rattus sp. 5,3 %
Muridae 26,5 %
Porco espiño asiático cola de cepillo 5,3 %
Roedores non identificados 5,3 %
Tragulus sp. 15,9 %
Serpentes 10,5 %
Lagartos 26,5 %

Dieta de Catopuma temminckii a través de análises de feces.[Cómpre referencia]

Reprodución[editar | editar a fonte]

Todas as observacións foron feitas en cativerio. Alcanzan a madureza sexual entre os 18 e os 24 meses de idade. O período de xestación é de 80 días; a camada é usualmente dun só cachorro. Nacen en buratos de troncos, cavidades rochosas e, posibelmente, en buratos escavados no chan. A pelaxe do cachorro é groso e lixeiramente negraa. Os machos desempeñan un papel activo no coidado da cría.[Cómpre referencia]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1827 polo zoólogo irlandés Nicholas Aylward Vigors e o médico e naturalista estadounidense Thomas Horsfield, nun traballo publicado en Zool. J., 3: 451.[3]

Sinónimo[editar | editar a fonte]

Aemais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polo sinónimo:

  • Pardofelis temminckii

Notas taxonómicas[editar | editar a fonte]

Inicialmente a especie foi situada no xénero Profelis por Pocock,[4] e posteriormente reclasificado no Catopuma por Hemmer (1978) e Groves (1982).[3]

Subespecies[editar | editar a fonte]

Na actualidade a maioría dos autores recoñecen na especie as tres subespecies seguintes:[3][5]

  • Catopuma temminckii dominicanorum (Sclater, 1898)
  • Catopuma temminckii temminckii (Vigors e Horsfield, 1827)
  • Catopuma temminckii tristis (Milne-Edwards, 1872)

Mitoloxía[editar | editar a fonte]

En rexións de Tailandia é chamado seua fai ("tigre do fogo"). De acordo coa lenda rexional o fogueado do pelo do felino vén porque foi antes un tigre. Comendo a súa carne crese posuír o mesmo efecto. Na tribo Karen cren que o feito de levar unha soa febra do seu pelo será suficiente. Moita poboación cre que este felino ten moita fereza, pero en cativerio é coñecido pola súa extrema docilidade e tranquilidade.

Status[editar | editar a fonte]

A poboación exacta da especie descoñécese. Está no Apéndice I da lista do CITES, e o seu status está cualificado como NT (case ameazado) pola IUCN.[1]

É cazado pola súa pel e, polos seus ósos, na medicina tradicional chinesa. Porén, o maior risco para a súa supervivencia é a destrución do seu hábitat. Hai mou poucos espécimes deste felino nos zoos, e non se reproduce ben en catividade.[Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 McCarthy, J., Dahal, S., Dhendup, T., Gray, T. N. E., Mukherjee, S., Rahman, H., Riordan, P., Boontua, N. & Wilcox, D. (2015): Catopuma temminckii na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 2 de decembro de 2018.
  2. Grassman, Lon (2001). "Ecología espacial y conservación de la comunidad de félidos en el Santuario de Vida Salvaje de Phu Khieo, Tailandia". Arquivado dende o orixinal o 4 de abril de 2007. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Catopuma temminckii en MSW.
  4. Pocock, R. I. (1917): "The Classification of existing Felidae". The Annals and Magazine of Natural History. Serie 8, Volume XX: 329–350.
  5. Catopuma temminckii (Vigors and Horsfield, 1827) no ITIS.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]