Saltar ao contido

Catherine O'Hara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCatherine O'Hara

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Catherine Anne O'Hara Editar o valor en Wikidata
4 de marzo de 1954 Editar o valor en Wikidata
Toronto Editar o valor en Wikidata
Morte30 de xaneiro de 2026 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Santa Monica Editar o valor en Wikidata
Causa da morteembolia pulmonar Editar o valor en Wikidata
EducaciónBurnhamthorpe Collegiate Institute (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Peso51 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación, actuación cinematográfica, television screenwriting (en) Traducir e serie de televisión Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactriz de televisión, directora de cine, improvisadora, guionista de cinema, actriz, cantante, actriz de dobraxe, compositora de cancións, actriz de cinema, guionista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1974 Editar o valor en Wikidata - 2026 Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeBo Welch (1992–2026), morte da persoa Editar o valor en Wikidata
FillosMatthew Welch, Luke Welch Editar o valor en Wikidata
IrmánsMary Margaret O'Hara Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001573 Allocine: 10299 Rottentomatoes: celebrity/catherine_ohara Allmovie: an2438 169441 Metacritic: person/catherine-ohara TV.com: people/catherine-ohara
BNE: XX1158264 Last fm: Catherine+O%27Hara Musicbrainz: 81a366c4-a909-43a8-bc59-375a9f384f7b Discogs: 502396 Allmusic: mn0002245667 WikiTree: O'Hara-3066 Find a Grave: 292016532 Genius: Catherine-ohara Editar o valor en Wikidata

Catherine O'Hara, nada o 4 de marzo de 1954 e finada o 30 de xaneiro de 2026,[1][2] foi unha actriz, humorista e guionista canadense e estadounidense,[3] cunha carreira que abrangueu máis de 50 anos. Comezou a súa carreira facendo improvisación humorísica no cinema e na televisión antes de expandir a súa carreira asumindo papeis dramáticos. Recibiu varios recoñecementos, incluíndo dous premios Primetime Emmy, un Globo de Ouro e dous premios do Sindicato de Actores.[4] As películas nas que apareceu O'Hara recadaron máis de 4.300 millóns de dólares en todo o mundo.[5] Foi nomeada membro da Orde do Canadá en 2017.[6]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O'Hara comezou a súa carreira na serie de comedia de sketches Second City Television (1976–1984), pola que gañou un premio Primetime Emmy. Gañou recoñecemento actuando en películas como After Hours (1985), Heartburn (1986), Beetlejuice (1988), Só na casa (1990) e Home Alone 2: Lost in New York (1992).[7] Colaborou con frecuencia con Christopher Guest, actuando nos seus falsos documentais satíricos como Waiting for Guffman (1996), Best in Show (2000), A Mighty Wind (2003) e For Your Consideration (2006). Tamén puxo voz a papeis en filmes como The Nightmare Before Christmas (1993), Chicken Little (2005), Over the Hedge, Monster House (2006), Onde viven os monstros (2009), Frankenweenie (2012) e Elemental (2023).[8]

A súa carreira rexurdiu co seu papel de Moira Rose na comedia da CBC Schitt's Creek (2015-2020), gañando un premio Primetime Emmy á mellor actriz principal nunha serie de comedia e un Globo de Ouro á mellor actriz (serie de televisión musical ou de comedia).[9] Foi candidata aos premios Emmy pola súa interpretación da tía de Temple Grandin na película de HBO Temple Grandin (2010). Tamén actuou na serie dramática de HBO Six Feet Under (2003–2005), na serie de Netflix A Series of Unfortunate Events (2017–2018), na serie de comedia de Apple TV+ The Studio (2025) e na serie dramática posapocalíptica de HBO The Last of Us (2025).[10]

  1. Porcel, María (30 de xaneiro de 2026). "Muere la actriz Catherine O’Hara, la madre de Kevin en ‘Solo en casa’, a los 71 años". El País. Consultado o 30 de xaneiro de 2026.
  2. Cebrián, Celín (3 de febreiro de 2026). "Muere a los 71 años Catherine O'Hara, la actriz de los personajes excéntricos pero divertidos". nuevatribuna.es (en castelán). Consultado o 22 de febreiro de 2026.
  3. "'Home Alone,' '12 Years a Slave' join National Film Registry". The Washington Post. 13 de decembro de 2023. Consultado o 30 de xaneiro de 2026.
  4. "Catherine O'Hara just became 4th person to sweep all 5 major TV prizes in a single season with SAG Award win". 4 de abril de 2021. Arquivado dende o orixinal o 5 de abril de 2021. Consultado o 17 de outubro de 2021.
  5. "Catherine O'Hara — Box Office". The Numbers. Consultado o 30 de xaneiro de 2026.
  6. "Honours Recipients: Catherine O'Hara". Office of the Governor General of Canada. Consultado o 30 de xaneiro de 2026.
  7. Lee, Benjamin (30 de xaneiro de 2026). "Catherine O'Hara, award-winning actor of big and small screen, dies aged 71". The Guardian. Consultado o 30 de xaneiro de 2026.
  8. Milligan, Mercedes (26 de novembro de 2018). "Martin Short & Catherine O'Hara Join 'Addams Family' Cast". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2019. Consultado o 6 de agosto de 2019.
  9. "The Canadian Screen Awards: Call 'Em The 'Candys' From Now On". The Huffington Post. 14 de marzo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 2 de decembro de 2016. Consultado o 2 de decembro de 2016.
  10. Campione, Katie (2 de febreiro de 2024). "'The Last Of Us': Catherine O'Hara Joins Season 2 Of HBO Series In Undisclosed Role". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 2 de febreiro de 2024. Consultado o 2 de febreiro de 2024.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]