Catherine McCormack

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catherine McCormack
Nome completo Catherine McCormack
Nacemento 3 de abril de 1972 (45 anos)
Lugar Epsom, Surrey, Inglaterra Inglaterra
Nacionalidade Reino Unido
Profesión Actriz, produtora e directora de cine
(1994-presente)

Catherine McCormack nada o 3 de abril de 1972 en Epsom, Surrey, Inglaterra, é unha actriz británica coñecida polas súas aparicións en filmes como Braveheart, Xogo de espías e Dangerous Beauty

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A pesar de nacer en Inglaterra ten ascendencia irlandesa por parte dun dos seus avós. A súa nai morreu de lupus cando tiña só seis anos e o seu pai que era obreiro metalúrxico tivo que encargarse el só dela e do seu irmán Stephen.

McCormack foi educada segundo a moral da relixión católica, aínda que actualmente defínese como unha "católica caducada". Foi ó convento da Nosa Señora da Providencia e posteriormente estudou na escola de arte dramática de Oxford.

Cine[editar | editar a fonte]

O primeiro papel notable de McCormack foi como Murron MacClannough no filme gañador de varios premios Oscar, Braveheart. Porén, o seu debut na pantalla foi como protagonista do filme ''Loaded'' dirixido por Anna Campion, e posterirmente declarou que fora unha época "miserable coa directora (Anna Campion)... era o meu primeiro traballo nun filme, tiña que estar entre algodóns, tiñamos que ser axudados a través dela, e non foi así. Sobre todo, foi unha experiencia horrible." Despois de Braveheart, McCormack fixo papeis principais en Northstar de Nil Gaup e Dangerous Beauty de Marshall Herskovitz. Outros filmes son Xogo de espías e 28 Weeks Later. A pesar da demanda dos directores, fai poucos filmes, afirmando que "lin moitos guións e moi poucos me apaixonan... Se cadra un de cada vinte ou trinta anos".

Teatro[editar | editar a fonte]

McCormack sempre mostrou unha preferencia cara o teatro ó longo da súa traxectoria. Foi unha das elixidas para o elenco orixinal londinense da obra de Patrick Barlow The 39 Steps. No 2008, interpretou o papel de Nora en A Doll's House, dirixida por Peter Hall no Teatro Real de Bath, así como o papel de Isabel Archer na adaptación teatral de The Portrait of a Lady, os cales comezaron en xullo de 2008 e finalizaron en agosto.

No 2009 apareceu na xira británica da adaptación de Headlong Six Characters in Search of an Author.

Nomeamentos[editar | editar a fonte]

Foi nomeada polos premios teatrais Laurence Olivier Awards no 2001 polo mellor papel secundario feminino en All My Sons no Real Teatro Nacional de Cottesloe Stage.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]