Catherine D'Ignazio
Catherine D'Ignazio | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1975 |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Universidade Tufts |
Ocupación | profesora universitaria, informática teórica, artista e deseñadora |
Premios | Shuttleworth Foundation Flash Grant |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Catherine D'Ignazio (coñecida como kanarinka), nada en Chapel Hill, Carolina do Norte, é unha profesora, artista e desenvolvedora de software estadounidense que traballa no feminismo e na alfabetización en datos.[1] É a directora do Data + Feminism Lab do MIT, D' Ignazio é coñecida polos seus hackathons, como " Make the Breast Pump Not Suck" (Fai que o sacaleites non apeste) [2] e polo seu libro, Data Feminism (Feminismo de datos), do que é coautora con Lauren F. Klein.[3][4][5][6]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
D' Ignazio creceu en Carolina do Norte, Virxinia, Alabama e Míchigan. Licenciouse en Relacións Internacionais na Universidade de Tufts. Posteriormente, obtivo un máster en Belas Artes ( MFA) en Arte de Estudo, Deseño e Teoría no Maine College of Art e un máster en Ciencias ( M.S.) en Artes e Ciencias da Comunicación no MIT en 2014.
Carreira[editar | editar a fonte]
D' Ignazio traballa como profesora adxunta no MIT e publicou varios traballos no seu campo de estudo, así como o libro, Data Feminism. Organizou varios hackathons sobre a saúde das mulleres, entre eles " Make the Breast Pump Not Suck" (Fai que o sacaleites non apeste), que tamén se presentou na exposición do Museo de Arte de Filadelfia, Designs for Different Futures. Tamén traballou en sistemas de recomendación de noticias e en diferentes tipos de visualización de datos.[7]
D' Ignazio empezou a traballar no desenvolvemento de software e ensinou durante sete anos no programa de posgrao Dixital + Media da Rhode Island School of Design. Despois pasou a traballar no Departamento de Xornalismo do Emerson College, como profesora adxunta de Visualización de Datos e Medios Cívicos. Tras anos de experiencia como profesora, pasou a ser profesora adxunta de Ciencias Urbanas e Planificación no Departamento de Estudos Urbanos e Planificación do MIT. Catherine mantén esta función, e tamén actúa como directora do Data + Feminism Lab do MIT, que emprega datos e métodos computacionais para traballar pola igualdade de xénero.[8]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Feminismo de datos – Portal de la Comunicació" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2021. Consultado o 2021-04-21.
- ↑ "The Problems With Breastfeeding Go Way Beyond Breast Pumps" (en inglés). 4 maio 2018. Consultado o 2020-06-01.
- ↑ "“Las prácticas clásicas en ciencia de datos fomentan el sexismo. El feminismo de datos lo combate”". pikara magazine (en castelán). 2020-11-04. Consultado o 2021-04-21.
- ↑ Allers, Kimberly Seals (26 abril 2018). "MIT Shows How to ‘Make the Breast Pump Not Suck’ for Women of Color". Women's eNews (en inglés). Consultado o 2020-06-01.
- ↑ Carleton, Amy (4 maio 2018). "The Problems With Breastfeeding Go Way Beyond Breast Pumps". The Atlantic (en inglés). Consultado o 2020-06-01.
- ↑ Corbyn, Zoë (21 marzo 2020). "Catherine D’Ignazio: 'Data is never a raw, truthful input – and it is never neutral'". The Observer (en inglés). ISSN 0029-7712. Consultado o 2020-06-01.
- ↑ "Profile" (en inglés). Consultado o 2020-04-01.
- ↑ "“Las prácticas clásicas en ciencia de datos fomentan el sexismo. El feminismo de datos lo combate”". Agencia SINC (en castelán). Consultado o 2021-04-21.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Catherine D'Ignazio ![]() |