Catharine Beecher
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 6 de setembro de 1800 East Hampton |
| Morte | 12 de maio de 1878 Elmira |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Educación feminina e reforma educativa |
| Ocupación | escritora, pedagoga, filósofa, mestra, autora |
| Obra | |
| Arquivos en | |
| Familia | |
| Familia | Familia Beecher |
| Pais | Lyman Beecher |
| Irmáns | Isabella Beecher Hooker Harriet Beecher Stowe Henry Ward Beecher Charles Beecher Edward Beecher Thomas K. Beecher |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Encyclopedia of Modern Christian Politics (2006 ed.) (en) Pequeno dicionario enciclopédico de Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |

Catharine Esther Beecher, máis coñecida como Catharine Beecher, nada en East Hampton (EUA) o 6 de setembro de 1800 e finada en Elmira o 12 de maio de 1878, foi unha educadora e escritora estadounidense que popularizou e deu forma a un movemento ideolóxico conservador para consolidar o lugar das mulleres na esfera doméstica da cultura estadounidense.[1] Era irmá da célebre escritora Harriet Beecher Stowe, coa que escribiría The American Women's home.
Foi unha pioneira na optimización do traballo na cociña baseándose na ergonomía. No seu libro de 1841 A Treatise on Domestic Economy, for the Use of Young Ladies at Home, and at School,[2] [3] incluía andeis regulares nas paredes, amplo espazo de traballo e zonas de almacenamento dedicadas a diversos alimentos, e separaba as funcións de preparación e cocción dos alimentos.
Beecher non cuestionaba a orde simbólica establecida, senón que se trataba de mellorar as condicións de traballo das mulleres desde a súa experiencia situada, promovendo a eficiencia no fogar.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Catharine Beecher | American educator and author". Encyclopedia Britannica (en inglés).
- ↑ Enciclopèdia Britànica (ed.). "A Treatise on Domestic Economy".
- ↑ Espegel Alonso, Carmen; Rojas, Gustavo (2018). "LA ESTELA DE LAS INGENIERAS DOMÉSTICAS AMERICANAS EN LA VIVIENDA SOCIAL EUROPEA". Proyecto, Progreso, Arquitectura (18): 58–73. ISSN 2171-6897. doi:10.12795/ppa.2018.i18.04.
- ↑ Novas-Ferradás, María (2020). La vivienda desde el feminismo como espacio para la transformación social. Universidad de Las Palmas de Gran Canaria (ULPGC). ISBN 978-84-9042-395-0.