Catharina Svanborg
(2009) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 23 de novembro de 1949 |
| Educación | Universidade de Gotemburgo |
| Actividade | |
| Empregador | Universidade de Lund |
| Membro de | |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Vem är hon (en) |
Catharina Svanborg, nada en 1949, é unha microbióloga sueca que é máis coñecida polos seus traballos sobre as proteínas do leite humano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Svanborg fixo o seu exame de matrícula na escola mixta superior de Gotemburgo. En 1978, defendeu o seu doutoramento en medicina na Universidade de Gotemburgo e é profesora de microbioloxía - inmunoloxía clínica - na Universidade de Lund e médica xefa no Hospital Universitario de Skåne, así como membro da Real Academia Sueca de Ciencias.[1]
A investigación de Svanborg xirou arredor das proteínas do leite materno humano, sobre todo da alfa-lactoalbúmina e dunha forma especial dobrada desta chamada HAMLET.[2]
En 2006–2008, foi inspectora na Göteborgs nation en Lund.
En 2006, compartiu co profesor Lars Björck o premio de medicina da Torsten och Ragnar Söderbergs stiftelses (fundación Torsten e Ragnar Söderberg).
En 2008, foi nomeada Profesora Visitante na Universidade de Tennessee en Memphis, así como no Imperial College de Londres.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Catharina Svanborg". Kungl. Vetenskapsakademien (en sueco). Consultado o 2023-02-09.
- ↑ "Catharina Svanborg". Kurioso (en castelán). Consultado o 2022-12-29.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Catharina Svanborg |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Catharina Svanborg — Lund University (perfil persoal)
- Prof Catharina Svanborg | Recensión e vídeo entrevista