Caterina Vitale
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1566 (Gregoriano) Grecia |
| Morte | 1619 Siracusa |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Química |
| Ocupación | farmacéutica, química |
| Empregador | Comendadoras da Orde de San Xoán de Xerusalén |
| Interesada en | Química |
Caterina Vitale, nada en 1566 e finada en 1619, foi a primeira muller farmacéutica e química en Malta e a primeira muller farmacéutica da Orde dos Cabaleiros Hospitalarios.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Caterina era orixinaria de Grecia.[2] Casou con Ettore Vitale, farmacéutico dos Cabaleiros Hospitalarios;[1] á súa morte en 1590, herdou a súa farmacia e a tarefa de proporcionar medicamentos á Sacra Infermeria. Describírona como unha empresaria exitosa que se fixo moi rica e era coñecida por ser unha benfeitora dos carmelitas.[1] Morreu en Siracusa en 1619 e o seu corpo foi levado á Valeta e enterrado na igrexa carmelita.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 "‘Sex In the City’ tour: The knights and their ladies of the night". The Malta Independent. 25 de marzo de 2007.
- ↑ "Valletta". Malta: Women, History, Books and Places (PDF). Oxford: Women's History Press. 2016. pp. 368–369. ISBN 9780957215351. OCLC 931704918.
- ↑ Cassar Pullicino, Joseph (outubro–decembro de 1949). "The Order of St. John in Maltese folk-memory" (PDF) 15 (4): 151. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de abril de 2016.