Caterina Scarpellini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caterina Scarpellini
Nacemento29 de outubro de 1808 e 1808
Lugar de nacementoFoligno
Falecemento28 de novembro de 1873 e 1873
Lugar de falecementoRoma
SoterradaCampo di Verano
NacionalidadeReino de Italia
Ocupaciónastrónoma e científica
CónxuxeErasmo Fabri Scarpellini
editar datos en Wikidata ]

Caterina Scarpellini Fabri, nada en Foligno o 29 de outubro de 1808[1] e finada no mesmo lugar o 28 de novembro de 1873, foi unha meteoróloga, astrónoma e matemática italiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fundou co seu marido a revista La Corrispondenza scientifica in Roma. Bullettino universale na que publicou algúns dos seus traballos. Estudou o ozono, mediu as concentracións de ozono no aire e determinou unha relación inversamente proporcional entre a concentración deste gas no aire e a propagación da epidemia de cólera en Roma en 1867. Estudou as eclipses solares, os terremotos, as choivas de meteoros. Documentou a observación dun gran cometa (C/1854 F1). Mediu condicións hidrométricas e hidrotermais do Tíber da súa época. Entre outros.

Organizou a estación meteorolóxica ozonométrica en Roma e descubriu un cometa no ano 1854.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1872, Italia concedeulle unha medalla de ouro polo traballo que realizou en estatística.

Un cráter venusiano leva o seu apelido.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Caterina Scarpellini, astrónoma". mujeresconciencia.com. Consultado o 04-11-2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]