Categoría:Establecementos de alimentación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Baixo a denominación de establecementos de alimentación englobamos calquera establecemento que teña como actividade comercial a fabricación ou venda de alimentos. Nótese que queda excluída deste concepto calquera actividade relacionada cos alimentos dentro do domicilio particular.

Dividimos esta categoría en:

  • Industrias alimentarias: aquelas empresas que fabrican, almacenan ou fornecen alimentos a outros establecementos que, á súa vez, venderán eses alimentos a outras industrias ou establecementos (aínda que, ocasionalmente, tamén poidan vender directamente ao consumidor). Estas industrias deben estar rexistradas no Rexistro Xeral Sanitario de Alimentos.
  • Establecementos minoristas: aqueles comercios que venden alimentos directamente ao consumidor final, normalmente sen transformalos nas súas instalacións. Son os supermercados, carnizarías, peixarías, etc.
  • Restauración colectiva: aqueles establecementos que venden alimentos ao consumidor final despois de realizar un proceso de cociñado, para seren consumidos, habitualmente, nas súas propias instalacións. Son os bares, cafetarías, restaurantes, comedores sociais, comedores escolares, etc.

Subcategorías

Esta categoría ten as seguintes 3 subcategorías, dun total de 3.

I

M

R

Páxinas na categoría "Establecementos de alimentación"

Esta categoría só contén a seguinte páxina.