Catedral de Nosa Señora dos Remedios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catedral de Nosa Señora dos Remedios
Exterior da catedral
Datos xerais
PaísEspaña España
TipoCatedral
AdvocaciónNosa Señora dos Remedios
LocalizaciónSan Cristóbal de La Laguna, Tenerife
Coordenadas28°29′20″N 16°18′59″O / 28.488955555556, -16.316388888889Coordenadas: 28°29′20″N 16°18′59″O / 28.488955555556, -16.316388888889
CatalogaciónBen de Interese Cultural (1983)
Culto
CultoCatólico
DioceseDiocese de San Cristóbal de La Laguna
Arquitectura
Construción1904 - 1915
FundadorAlonso Fernández de Lugo
EstiloNeoclásico, neogótico, renacemento
IdentificadorRI-51-0004949
Páxina webhttp://lalagunacatedral.com
Catedral de Nosa Señora dos Remedios en Canarias
Catedral de Nosa Señora dos Remedios
Catedral de Nosa Señora dos Remedios
editar datos en Wikidata ]

A Catedral de Nosa Señora dos Remedios tamén coñecida como Catedral de San Cristóbal de La Laguna, é a catedral sé da Diocese de San Cristóbal de La Laguna ou Diocese de Tenerife. Está adicada á Virxe María baixo o título de Nosa Señora dos Remedios, patroa da cidade de San Cristóbal de La Laguna, da illa de Tenerife e da Diocese de San Cristóbal de La Laguna.

A catedral está situada no centro histórico da cidade de La Laguna, declarado Patrimonio da Humanidade en 1999 pola UNESCO.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1511 foi construída unha capela no lugar, por orde do conquistador de Tenerife, Alonso Fernández de Lugo.[1] En 1515 a capela orixinal foi substituída por unha igrexa máis grande. A igrexa converteuse en catedral en 1819 por unha bula do Papa Pío VII, cando a Diocese de Tenerife foi creada con xurisdición para toda a provincia de Santa Cruz de Tenerife. A fachada da catedral remóntase a 1820, mentres que a estrutura actual da catedral foi construída entre 1904 e 1915.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Datos historicos del templo catedral de Tenerife". Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2017. Consultado o 08 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]