A Catedral de Santa Icía de Albi (francés: Cathédrale Sainte-Cécile d'Albi), tamén coñecida como Catedral de Albi, é a sé do Arcebispo católico de Albi. Construída por primeira vez despois da cruzada albixense, o seu exterior sombrío semella unha fortaleza, pero o interior está profusamente decorado con arte e esculturas, un coro moi ornamentado e paredes en azuis e dourados brillantes, no estilo tolosano ou estilo gótico francés meridional. Foi empezada en 1282 e estivo baixo construción 200 anos. Dise que é o edificio de ladrillo máis grande do mundo. En 2010, a catedral, xunto cos seus edificios episcopais, foi designada Patrimonio da Humanidade da UNESCO debido á súa arquitectura única e a consistencia notábel no seu deseño.[1]