Catedral da Santísima Trindade de Dublín
| Catedral da Santísima Trindade de Dublín | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Dublín | |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
|
Epónimo
| |||||||||
|
Estilo
| |||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||
|
Diocese
| |||||||||
|
Dedicado a
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons |
A catedral da Santísima Trindade (en irlandés: Ardeaglais Theampall Chríost; en inglés, Cathedral of the Holy Trinity, popularmente coñecida como Christ Church) é a máis antiga das dúas catedrais medievais da cidade, sendo a outra a Catedral de San Patricio. Foi sede do arcebispo de Dublín (actualmente parte da Igrexa de Irlanda, de confesión anglicana) desde os tempos medievais e está consagrada á Santa Trindade.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi fundada en 1028 polo rei viquingo Sigtrygg Silkiskegg. Situouse nun terreo alto desde o que se observaba o asentamento viquingo de Wood Quay.
San Lorenzo Ou´Toole, que foi en 1152 o primeiro arcebispo irlandés, comezou a ampliación e reconstrución da primitiva catedral nórdica. Cando os normandos invadiron gran parte da illa de Irlanda, a antiga catedral nórdica foi substituída por unha de estilo normando por iniciativa do arcebispo John Cumin. Esta catedral posuía un gran número de criptas que servían como cimentos, o que comprometeu a estabilidade do edificio e levou a constantes derrubamentos e reparacións.
Durante a época vitoriana, entre 1871 e 1878, o templo experimentou unha restauración significativa coordinada por George Edmund Street. As obras evitaron o derrubamento dalgunhas das súas partes, pero á vez supuxeron un cambio drástico da obra medieval, polo que na actualidade pode resultar difícil distinguir as decoracións das diferentes épocas.

. A catedral foi utilizada en 1487 para a coroación de Lambert Simnel como "Eduardo VI", un pretendente ao trono británico que tentou, sen éxito, derrocar a Henrique VII de Inglaterra.
Antigamente críase que a catedral contiña a tumba de Richard FitzGilbert de Clare, máis coñecido como Strongbow, un dos principais líderes da invasión normanda, que chegou a Irlanda a invitación do rei Dermot MacMurrough e cuxa chegada marca o inicio da intervención inglesa en Irlanda. En realidade, a tumba orixinal foi destruída hai séculos e outra tumba medieval foi trasladada ao pouco tempo dende Drogheda á catedral, colocada no sitio da orixinal e identificada como tal. Na Idade Media prestábase xuramento ante a tumba de Strongbow, segundo indican os rexistros da catedral.
A capela de San Lourenzo O'Toole conserva o corazón deste bispo, o cal foi roubado en marzo de 2012 e recuperado en abril de 2018.
Na actualidade, a Santa Sé reclama o templo coma a catedral da diocese católica de Dublín.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Catedral da Santísima Trindade de Dublín |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
