Catedral armenia de Lviv

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catedral da Asunción da Virxe María
Datos xerais
PaísUcraína
TipoCatedral
AdvocaciónAsunción da Virxe María
LocalizaciónLviv
Coordenadas49°50′36″N 24°01′51″L / 49.843333333333, 24.030833333333Coordenadas: 49°50′36″N 24°01′51″L / 49.843333333333, 24.030833333333
Culto
CultoApostólico armenio e católico armenio
DioceseArquieparquía católica armenia de Lviv (até 1945)
Eparquía apostólica armenia de Ucraína (dende 2000)
EstiloArmenian architecture
editar datos en Wikidata ]

A catedral armenia da Asunción da Virxe María de Lviv (Ucraína) está situada na parte vella da cidade. Até 1945 funcionou como catedral da arquieparquía católica de Lviv, e dende 2000 fai a función de catedral da eparquía ortodoxa armenia de Ucraína.

Historia[editar | editar a fonte]

1363-1945[editar | editar a fonte]

Unha pequena igrexa armenia fora construída entre 1363 e 1370, financiada por un comerciante armenio de Feodosia, e estabelecida como igrexa nai dunha eparquía; dita igrexa tiña como modelo a catedral de Ani da antiga cidade armenia de Ani. En 1437 o edificio foi rodeado cunha galería de arcadas, da que só se conserva a máis meridional. Logo de sufrir daños nun incendio en 1527, foi erixido un novo campanario en 1571. En 1630 a nave principal foi ampliada, e foi novamente reconstruída en 1723.

Dende o século XVII até 1945 a catedral foi a sé da arquieparquía católica armenia de Lviv, logo de que a eparquía entrase en unión coa Igrexa católica baixo a dirección de Mikołaj Torosowicz e do seu sucesor Wartan Hunanian. A catedral debe o seu aspecto actual ás reformas levadas a cabo entre os anos 1908 e 1927 polo arcebispo Józef Teodorowicz.

Dende 1945[editar | editar a fonte]

Logo da segunda guerra mundial o territorio de Ucraína occidental foi anexionado pola Unión Soviética, pasando a formar parte da RSS de Ucraína. As autoridades soviéticas decidiron rematar coa arquidiocese armenia, e arrestaron ao administrador apostólico Dionizy Kajetanowicz, asasinado no gulag en 1954. Ademais de rematar co clero da arquieparquía, a práctica totalidade dos armenios galicianos foron trasladados forzosamente aos territorios da presente Polonia. A catedral foi pechada, e empregada como almacén de arte sacra confiscada. Aínda que a arquieparquía católica aínda existe oficialmente, está vacante dende a morte de Kajetanowicz.

Coa caída da Unión Soviética as autoridades ucraínas cederon o templo á Igrexa apostólica armenia baixo a condición de que tanto católicos como ortodoxos orientais puideran usalo.[1] En 1997 foi erixida unha eparquía ortodoxa armenia con sé en Lviv. O 18 de maio de 2003 a catedral foi reconsagrada polo catholicos de Etchmiadzin Karekin II e outros tres bispos apostólicos.

Dende 2009 a catedral foi sometida a un proceso de renovación, financiado polo Ministerio de Cultura de Polonia en cooperación coa Fundación da Cultura e o Patrimonio dos Armenios Polacos con sé en Varsovia.

Interior e contorna[editar | editar a fonte]

Xunto á parte norte da catedral hai un pequeno convento de irmás bieitas armenias, e xunto á parte norte o pazo episcopal, ambas as dúas construcións do século XVII. O interior actual é en grande medida obra de Jan Henryk Rosen e Józef Mehoffer. A catedral ten dúas iconas milagrosas de san Gregorio o Iluminador e da Nai de Deus, traídos no século XVII dende Yazlovets.

A parte máis antiga que se conserva da catedral, con arcadas renacentistas. O interior. Campanario e pazo episcopal.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hrynchyshyn, Taras (8 de novembro de 2001). "Interview with Patriarch Nerses Bedros XIX". risu.org.ua (Religious Information Service of Ukraine) (en inglés). Consultado o 20/09/2018. As you know, Lviv is home to a historic Armenian Catholic cathedral. Because there were no Armenian Catholics to worship in it, the city authorities handed the cathedral over to Apostolic Armenians on condition that both communities could use it. 

External links[editar | editar a fonte]